Novas por contido

No DOG do 15/03/2024 publican a RESOLUCIÓN conxunta do 13 de marzo de 2024, dos tribunais nomeados polas resolucións do 14 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 240, do 20 de decembro), encargados de cualificar os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 10B, vixiante fixo/a de defensa contra incendios forestais, e na categoría 10C, emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios, do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade a un acordo.

Convocan o segundo exercicio do proceso selectivo o día 25 de marzo de 2024, ás 12.00 horas, en chamamento único, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), segundo a distribución que se indica no anexo.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...