No DOG do 16/05/2024 a FUNDACIÓN GALIZA EUROPA publica:
- RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2024 pola que se convocan catro bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da Fundación Galiza Europa en Bruxelas (código de procedemento PR770N).
- EXTRACTO da Resolución do 8 de maio de 2024 pola que se convocan catro bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da Fundación Galiza Europa en Bruxelas (código de procedemento PR770N).
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria e méritos, anexos I e II, será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galiza. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.