Novas por contido

No Pleno da Xunta de Persoal falamos do arquivo do edificio administrativo de Pontevedra, cambios de horarios en gardacostas, matadoiro de Macomusa (Nigrán), oficina agraria da Cañiza, distrito ambiental e forestal de Ponteareas, e o ISSGA de Rande.

Filtracións de auga no Arquivo Xeral do Edificio Administrativo de Pontevedra

Debido ás filtracións que hai no arquivo, teñen que poñer baldes para recoller a auga que se filtra dende o exterior. Isto xenera riscos tanto para as persoas usuarias como risco de curtocircuito. Hai risco tamén de que se estraguen documentos que recollen, moitos deles, dereitos e deberes dos cidadáns e cidadás e administración (como xa pasou). Engadimos que hai un elevado risco de incendio.

Dende hai máis de dous anos non se arranxou este problema, din que por falta de cartos, a pesares do perigo que esto supón tanto para as persoas usuarias como para a conservación da documentación tan importante que se perdería. O Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Edificio de Pontevedra está co asunto.

A Xunta de Persoal agardará ata o seguinte Pleno para recibir resposta que resolva o problema. Se así non fose faremos denuncia nos medios de comunicación e ante a fiscalía.

Cambios de horarios de gardacostas

A normativa de funcionamento do persoal gardacostas especifica que só se pode cambiar o horario por acordo das partes ou por motivo urxente ou de forza maior, que a maiores será comunicada á Xunta de Persoal (algo que nunhca teñen feito).

Fai poucos días un traballador recibiu unha orde de cambio de horario para "tomar medidas para o traxe de gala oficial".

Acordamos dirixir escrito á Secretaría Xeral de Pesca pedindo explicación de porqué a toma de medidas para un traxe é forza maior.

Condicións de traballo do matadoiro de Nigrán (Macomusa), da Oficina Agraria da Cañiza, do Distrito Forestal/ambiental de Ponteareas e do centro de Rande

O persoal veterinario que presta servizo no matadoiro Macomusa traballa cunhas cadeiras de plástico acolchado con fendas, de comezos do século pasado. Non hai botiquín (nun matadoiro), non hai material de oficina, .. Isto está comunicado á xefatura territorial pero non hai resposta. A Xunta de Persoal dirixirá escrito á Xefatura Territorial de Sanidade para que subsanen as deficiencias e nos aporte a avaliación de riscos dos postos.

A Oficina Agraria da Cañiza está ubicada nun segundo andar sen ascensor nin acceso a persoas discapacitadas ou con dificultade de mobilidade. Enviaremos escrito solicitando que se cumpla a normativa de accesibilidade.

O distrito forestal e ambiental de Ponteareas está ubicado nun primeiro andar, sen ascensor nin acceso a persoas con dificultade de mobilidade, cunhas escaleiras moi empinadas que obrigan a agarrarse para non caer (e con xente maior accedendo). O mostrador está no recibidor (estreito) do piso, con corredores estreitos. En definitiva, que non cumple as máis mínimas condicións para ser nin un centro de traballo, nin un lugar de atención ao público. O primeiro paso será solicitar que se cumpla a normativa de accesibilidade.

O gabinete de RANDE está a morrer, por inanición (as mutuas están a asumilo todo). Non teñen carga de traballo, teñen máquinas de alta calidade sen uso, material de laboratorio caducado. Se no pasado era moi grande a cantidade de traballadores e traballadoras que pasaban nese centro os recoñecementos médicos, agora quedan algúns autónomos e pouco máis. Nen sequera o utilizan para o persoal das propias administracións e prefiren pagar a mutuas privadas. Acordamos enviar escrito aos órganos de dirección do ISSGA solicitando información sobre os plans de traballo que teñen pensado para este centro. Estudaremos a resposta.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.