Novas por contido

Relación de Postos de Traballo

Continúa a tramitación da RPT de AMTEGA. Xa pasou pola Mesa Xeral o venres 11, e vai ir á Comisión de Persoal o mércores 16. De aí para o DOG. As persoas responsábeis de AMTEGA non mudaron a súa proposta dende a segunda xuntanza previa (12/02/2016), polo que a CIG mantén as súas alegacións, que resumimos no seguinte:

Xefatura de sección de coordinación económica e protección de datos: preferimos o mérito de formación que o mérito en experiencia (conformes coa súa retirada); a nosa opción preferida é retirar todo mérito específico, e que a empresa se obrigue a formar ao seu persoal.

Xefatura de departamentos de sistemas (área de infraestruturas e telecomunicacións):

  • Non estamos conformes coa apertura á Administración Local, nin á anterior apertura ao SERGAS, Comunidades Autónomas ou Estado, sen acordo de reciprocidade. O Decreto 252/2011 polo que se crea AMTEGA non establece que o departamento de sistemas vaia dar servizo á administración local, senon á Xunta. 
  • Non á cobertura mediante libre designación. A xustificación do manexo de datos de carácter persoal pode ser aplicado a case todo o persoal informático da Xunta (por exemplo, operadores das xefaturas territoriais, que teñen que tratar con equipos cheos de datos de menores, dependencia, discapacidades.. Lembramos a AMTEGA que a Lei de protección de datos asigna un único responsábel, polo que non poden alegar esto mesmo noutros postos.
  • Estamos convencidos que están a perfilar o posto para adaptalo ás características dunha persoa: funcionario do concello de Santiago de Compostela, de iniciais F.S.L., que tralo cambio de goberno quedou sen posto de LD no concello.

Concurso de informática

En xuntanzas anteriores tanto Función Pública como AMTEGA teñen manifestado que a decisión de que haxa concurso de informática está na mán do outro. Tras expoñer este feito na Mesa Xeral, o director de Función Pública manifesta que eles non teñen inconvinte en convocalo, pero que ten que ser tras a petición formal de AMTEGA. Insistiremos, xa que logo, a AMTEGA para que o solicite.

A CIG solicita a revisión da RPT de AMTEGA para que esta deixe de centralizar a todo o seu persoal de Compostela nun único centro de destino, o que anula o concurso de traslados. Solicitamos que recoñezan a conveniencia de diferenciar o Gaias de San Caetano ou San Lázaro, por exemplo, e así facilitar o concurso.

Homologación salarial do persoal laboral

Entrega AMTEGA un cadro con datos de números de efectivos de persoal laboral e as necesidades orzamentarias para a homologación. Pero non nos entregan o que solicitamos: a liña orzamentaria de cada posto da RPT, con indicación de cales están a cobrar ou non a homologación.

Insistiremos, pois non fixan data algunha para tratar o asunto.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.