Novas por contido

Aaaah!, chega o Nadal e estes pillabáns da CSIF, estes angelotes, aproveitan a indulxencia destas datas para cometer pecadiños e facer trastadas. Que golfetes son estes picaróns!! Que marabillosa inocencia!!

Como non foron agraciados co don da intelixencia no gordo de Nadal, teñen que recorrer ás argucias propias do doctor Goebbels, supoñemos que “pequeñas mentirijillas” para eles.

A CSIF ven de difundir estes días un libelo no que acusa á CIG de apoiar a proposta da Administración de converter os postos de subdirector xeral en postos de caracter directivo.

Esta proposta, inmersa no proxecto de decreto de integración das escalas sanitarias da lei 17/1989, hoxe dependentes de Función Pública pero que pasarán a depender do SERGAS, foi criticada duramente pola CIG na Comisión de Persoal do día 16/12/2009, tal e como consta en acta e no resumo que publicamos e que literalmente se expresa nestes termos:

Alegacións da CIG ao Punto terceiro: Proxecto de decreto OPE 2009 do persoal da Lei 17/1989.

  • Pedimos que se retire da orde do día.
  • O persoal da Lei 17/1989 (persoal sanitario) son funcionarios da Xunta de Galiza e tense que negociar na Mesa Sectorial de Funcionarios e non na Mesa Sectorial de Sanidade.
  • Sabemos que mañán vai o decreto de integración á Mesa Sectorial de Sanidade. Que se retire da orde do día de Sanidade e que se traia a negociar no ámbito correspondente. Demandamos intervención de Función Pública.
  • Co decreto de integración todos os interinos pasan a ser estatutarios. Hai que garantir que mentres non pasen as 3 oportunidades  sigan sendo funcionarios interinos para que non perdan dereitos. Exemplo das consecuencias: a escala de inspectores farmacéuticos, con 60 prazas para 60 aprobados, e todos os interinos estatutarizados, polo que os que queden como persoal funcionario non vai poder concursar na súa vida. Debe paralizarse calquera proceso de estatutarización mentres haxa procesos en marcha (e despois, negocialo no seu ámbito)
  • Nese decreto que vai ir á Mesa de Sanidade:
  • Inventan a condición de directivo: os subdirectores xerais non teñen por qué ser funcionarios.
  • Os xefes de servizo teñen que ser licenciados e diplomados sanitarios ao servizo de calquera Administración Pública.
  • Caso dunha subdirectora xeral sendo A2 diplomada en Enfermería, cando para selo hai que ser licenciado.
  • Que Función Pública pida que se retire mañán da orde do día da Mesa de Sanidade
  • Ten que saír de aquí ese compromiso.

 

Hai que dicir que nesta Comisión de Persoal os representantes da CSIF calaron.

E pouco despois copian a nosa proposta e nos acusan de consentir. Este comportamento canallesco, tan burdo e infantil, da mostra da caradura e desfachatez destes camorristas.

Pero a que se debe esta rabieta da CSIF?.

Débese a que nesa mesma Comisión de Persoal, onde se levaba a reforma da RPT da Academia Galega de Seguridade a CIG denunciou que se pretendían crear prazas a medida con nomes e apelidos. E quén quería cometer tamaña sinvergoncería?. Pois nin máis nin menos que o ata hai 6 meses, Amado Líder, compañeiro Presidente Regional da CSIF,  hoxe, director xeral da Academia Galega de Seguridade.

 

Ah!, pillabáns, pillabáns!

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...