Novas por contido

Nova xuntanza do grupo de traballo dos EPIS de Extinción, celebrado en data 8 de novembro de 2016, grupo pertencente ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral do SPDCIF, dacordo coa convocatoria, e onde se trataron os seguintes temas:

1º. Aprobación da acta, se procede, da derradeira xuntanza.

Logo das achegas por parte da parte social, a derradeira acta da xuntanza celebrada no mes de xuño foi aprobada.

2º. Aluguer de vehículos para brigadas e axentes.

Informou a Subdirección Xeral de Incendios que lles corre presa tomar unha decisión para desta volta facer público o concurso de alugamento dos novos vehículos para cuadrillas de bombeiros forestais máis do corpo de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais. Logo do dito, pasamos a detallar a nosa proposta.

A CIG expuso o que entende é de obrigado no tocante ao vehículos para desenrolar as labouras de prevención e extinción dos incendios forestais nas mellores condicións. Detallamos nesta nota a nosa intervención na súa totalidade:

“As novas competencias como consecuencia da consecución da categoría profesional de Bombeiro Forestal, competencias recollidas nas respectivas unidades do nivel de cualificación profesional 2, integradas no Real Decreto 624/2013 do 2 de Agosto, son as seguintes:

UC 1964 _ 2. Executar labouras de vixilancia e detección de incendios forestais, mantemento de infraestructuras de prevención e extinción, informar á poboación.
UC 1965 _ 2. Executar operación de extinción de incendios forestais.
UC 1966 _ 2. Realizar labouras de apoio en continxencias no medio natural e rural.
UC 0272 _2. Asistir como primeiro intervinte en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Por outra banda, a nova Lei de Protección Civil, publicada no BOE número 164 do venres, 10 de xullo de 2015, establece no seu artigo 17º que terán a consideración de servizos públicos de intervención e asistencia nas emerxencias de protección civil, entre outros, os Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais.

En base a citada normativa, e non inventada pola CIG, propomos como vehículo para as cuadrillas de bombeiros forestais, un vehículo carrozado e mixto, que transporte auga máis ao propio persoal xunto aos equipos de protección individual, tanto de prevención coma de extinción, así como aqueles outros enseres e/ou ferramentas necesarios para o traballo diario dos bombeiros forestais.
Toda a equipación persoal deberá ir en caixóns. Non podemos esquecernos da colocación dunha baca non inferior a 2,50 metros de lonxitude.

O vehículo deberá contar con unha potencia non inferior a 140 cabalos, con suspensión reforzada, con dobre tracción, con caixa de reductoras e bloqueo diferencial (transmisión do vehículo) para o acceso a zoas complicadas. É prioritario dispór de tráctel dianteiro eléctrico para saír de zoas tamén complexas.

A bomba e depósito deberán ir anclados ao chasis do vehículo. Sistema de bombeo con bomba hidráulica centrífuga preferiblemente de dúas etapas, con saída de 25 mm e con racores de acople, Tipo Barcelona modelo UNE 23.400/82, diámetro das mangueiras contra incendios. A bomba deberá ser movida pola propia transmisión, con acelerador manual, incluindo un bloqueo individual.

O equipo de extinción incluirá un dosificador de presión equilibrado para xerar a mezcla de auga e espuma. Dita mezcla faráse nas tuberías do exterior sin que o espumóxeno chegue ao depósito. A capacidade do depósito deberá contar con 600 litros, co sistema de rompeolas. A capacidade de carga por aspiración, 100 litros por minuto, con racór de acoplamento modelo Tipo Barcelona STORZ, con diámetro non inferior a 25 milímetros.

Dado que o SPDCIF é un servizo de emerxencia, dacordo coa nova Lei de Protección Civil, aínda que a Dirección Xeral de Ordenación Forestal non o recoñeza públicamente diante dos traballadores e traballadoras, deberá levar rotativos homologados. Ademáis da norma nacional tamén existe normativa europea ao respecto.

A CIG entende necesario que os novos vehículos deben correxir aos actuáis, somenténdose aos controis e avaliacións que teña ó conxunto do vehículo que saía resultante, non como ata agora, que o vehículo leva unha homologación e o equipo de extinción outra. Incidimos na seguridade, polo tanto, homologación no seu conxunto”.

Comentario: Non é de recibo que unha cuestión como é o alugamento dos vehículos do persoal do SPDCIF se lle queira dar carpetazo nunha semana, non valorando en profundidade as nosas achegas, por moito que digan dende a Subdirección Xeral de Incendios que traballarán mañán e tarde. Desexamos que a empresa adxudicataria do concurso cumpra exhaustivamente coas homologacións, controis e avaliacións requeridas para os vehículos de emerxencia. Quedamos para unha nova xuntanza do Subcomité de EPI´s de cara a coñecer as alegacións sindicais que poideran ter en consideración para achegalas ao concurso dos novos vehículos de alugamento.

No tocante aos vehículos para axentes forestais e axentes facultativos medioambientais, as achegas da CIG foron as seguintes:

Rotativos homologados.
Identificación do vehículo.
Caixa reductora.
Vehículo corto.
Tráctel dianteiro.

3º. Orde de uniformidade de axentes.

Logo do debate, acordouse mantér nova xuntanza o vindeiro luns, 14 de novembro para concretar e pechar aspectos da orde de uniformidade (deseño) dos axentes.

4º. Rogos e preguntas.

Emisoras vellas. Según Medio Rural, teñen previsto retiralas antes de final de ano.
Protocolo de envío de medios. Solicitouse un protocolo exhaustivo para que non acontezan casos coma nas dúas derradeiras campañas nas cales medios desprazados a outras provincias nin tan siquera chegaron a actuar en tarefas de extinción.
Grandes lumes. Propúxose que se dedique unha xornada ou varias, a tratar os fallos que se van producindo verán tras verán, desta volta para non seguir errando nas mesmas decisións.
EPI´s. Na derradeira xuntanza do subcomité tratáronse as achegas sindicais para as novas adquisicións do equipo de extinción, así como o proceso para a vindeira achega de roupa de abrigo. Dende Medio Rural constatan que dos EPI´s de extinción achegaron aos pregos parte das nosas alegacións estando o proceso no punto de rematar o prazo para a presentación de ofertas. No que atinxe á roupa de abrigo, confirman que logo do remate do proceso da orde de uniformidade dos axentes, comenzarán cos pregos de condicións específicas. A CIG xa achegou as súas propostas para o tecido máis axeitado para a citada roupa. Igualmente detallamos relación de prendas que entendemos precisa para resgardarse das baixas temperaturas. Da roupa de traballo, están pendentes de pórse coa compra das prendas. Solicitamos roupa de traballo para todo o persoal do SPDCIF (persoal de 12 e 9 meses).
Identificación do persoal. Solicitouse a incorporación do nome da categoría de bombeiro forestal, axente forestal ou axente medioambiental ao novo EPI de extinción, tanto na parte traseira da chaqueta como por diante. O Subdirector contesta que incluir na galleta a denominación da categoría non teñen inconvinte ningún. Por contra, non sabe non contesta (pasará recado ao seu superior) ao feito de incluir na parte traseira da chaqueta o nome da categoría.
Formación. Fai unhas semanas, logo da petición por parte de Medio Rural, achegamos relación de cursos de formación a impartir ao persoal laboral do SPDCIF cara o 2017. Visto a formación recollida no Pladiga 2016, deixa moito que desexar xa que non chega a incluir a totalidade do persoal laboral do SPDCIF. Criticamos o corta e pega do Pladiga ano tras ano. Da mesma maneira, expresamos o noso malestar pola nefasta organización do curso ou charla impartida ao persoal con motivo das novas emisoras, quedando sen formación persoal por motivos que aínda se descoñecen. Requerimos a Medio Rural que imparta novamente o curso ao persoal que con anterioridade non o recibiu.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...