Novas por contido

A entrada en vigor da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das Administración Públicas, que declarou como non hábiles os sábados, e o feito de que este ano os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado, fai superfluo e inútil o feito e abrir as oficinas de rexistro eses días.

A CIG destaca que o peche dos rexistros neses dous días non vai provocar ningún prexuízo ao público xeral nin a ningunha administración e sería coincidente co recollido na Orde do 24 de febreiro sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas sobre o peche neses dous días de todas as oficinas públicas e facilitaría a conciliación da vida familiar coa laboral das persoas traballadoras nas oficinas dos rexistros.

Ao mesmo tempo tamén solicitamos o peche desas oficinas durante o resto dos sábados do ano. A entrada en vigor da nova lei do procedemento administrativo fixo que moitos concellos e organismos pechasen as oficinas de rexistro neses días ao quedar sen contido o obxectivo que tiña a apertura, que era evitar prexuízos ás persoas administradas facilitándolles a presentación de documentación dentro dos prazos establecidos nas diferentes convocatorias e hoxe non ten sentido a apertura de oficinas exclusivamente para informarlle ás persoas que se acerquen polas oficinas (poucas) de que ese día xa non é hábil segundo a lei de procedemento administrativo en vigor.

A CIG ven de presentar un escrito reclamando o peche das oficinas de rexistro da Xunta os próximos días 24 e 31 de decembro.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...