Novas por contido

A CIG-Autonómica convoca a todo o persoal laboral (fixo, indefinido e temporal) a asistir ás seguintes asembleas informativas:

  • Martes, día 17 de xaneiro ás 11:30, no salón nº2 do edificio administrativo de San Caetano
  • Mércores, día 18 de xaneiro ás 09:30, no salón do edificio administrativo de San Lázaro (Sanidade)
 
Os temas a tratar son os seguintes:
 
1. A Lei de medidas fiscais e administrativas (acompañamento dos orzamentos 2017)
    Art.12. Persoal laboral temporal desempeñando postos de traballo de persoal funcionario.
    Art.14. Postos ocupados por persoal laboral afectado pola creación de escalas.
 
2. Proposta de supresión/refundición/ordenación (funcionarización) das categorías profesionais do persoal laboral.
 
3. Varios

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...