Novas por contido

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /Consultoría Natutecnia, SL foi contratada pola Xunta de Galicia Consellería de Medio Rural  para o servizo dun helicóptero e brigada, con destino ao S.P.D.I.F. durante os anos 2015, 2016 e 2017 (con prorrogas ate 2019) destinado a base Ourensán de Toén no distrito forestal XII Miño-Arnoia (Expediente 15/2015).

A  citada empresa  concesionaria leva dende outubro de xullo do 2017 sen o helicóptero Puma  con matrícula EC-JYP e substituído dende xullo deste ano co helicóptero Bell 412 con matrícula EC-KUV e co helicóptero Bell212 con matrícula EC-IYP substituíndo ao anterior.

Que  a empresa está incumprindo dende o artigo 7 do Prego de prescricións técnicas que rexen a contratación dun servizo integrado dun helicóptero e brigada, con destino á prevención e defensa Contra incendios forestais durante os anos 2015, 2016 e 2017 (Expediente 94/14-I) "As empresas licitadoras deberán presentar unha ou un conxunto de aeronaves de substitución de características similares ou superiores ás ofertadas na licitación, sendo preferible que sexan do mesmo modelo que estas".

Dado que  o helicóptero de substitución non cumpre as características do  Prego de prescricións técnicas artigo 2.3 "características técnicas do helicóptero de tipo pesado" no tocante ao peso do aparato, capacidade de persoal de transporte, capacidade mínima do Bamby Buckett entre outras

Que concretamente o helicóptero Bell 212 non tén capacidade para traballar 2 horas seguidas máis o tempo de regreso a base, xa que este helicóptero só conta con depósito de combustible para 2 horas polo que non podería facer Máis de hora e media (xa que farialle falla o reto do combustible para o regreso a base a repostar con ún mínimo de seguridade)

Que o helicóptero Bell 412 ten sobrepeso por instrumental (radar entre outros) de máis de 400 KG o que supón a perda deste na capacidade do helibalde.

Que esta administración contratou un helicóptero pesado e está sendo substituido por outros con condicións inferiores, e que dito helicóptero non voltará a base de Toén xa que está averiado  e a empresa non o vai arranxar (custa máis a reparación que o helicóptero).

Ante todas estas irregularidades e incumprimentos a CIG ven de solicitar a rescisión de contrato A Inaer Galicia (actualmente Babcok)/Consultoría Natutecnia S.L por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do servizo (artigo 10.10 do Prego de cláusulas administrativas).

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...