Novas por contido

A CIG ven de rexistrar escritos dirixidos á Secretaría xeral técnica do Medio Rural, esixindo que se aplique a normativa vixente e se instalen as luces prioritarias aos vehículos do SPDCIF.

Matizamos especialmente o caso das “pickup” das Brigadas, xa que derivada dunha instrución do ministerio do interior de Xuño de 2017, a velocidade destas víase limitada a 90 km/h.

Coa entrada en vigor o 31 de Xullo - BOE- deste 2018 das modificacións do regulamento xeral de vehículos, onde se recolle a obrigatoriedade de que os vehículos contra incendios empreguen os rotativos azuis, consideramos imprescindíbel que se equipen aos vehículos con estes rotativos ao mesmo tempo que se nos aclare como entronca isto coa normativa anterior que alteraba de xeito importante a capacidade de reacción e a rápida intervención clave diante do novo tipo de incendios forestais.


A continuación deixamos a parte expositiva do escrito:

Dende o día 15 de Xuño de 2015, o Servizo de prevención e extinción da Xunta de Galicia, forma parte a tódolos efectos dos servizos de emerxencias, tal e como recolle a Lei nacional de protección civil en vigor dende esta data, no seu art. 17.

Como servizo de emerxencias, e como vostedes terán coñecemento, fomos dotados neste 2018 – xa por segunda vez consecutiva- de vehículos pickup, que contan con bomba para a extinción entre outros equipamentos.

Tivemos coñecemento da instrución do Ministerio de interior de 7 de Xuño de 2017 instrución 17/TV-97,sobre circulación de vehículos pickup, baseada na directiva europea2007/46/CE,onde se indica que os vehículos pickup que non superen os 3500kg e os dous metros de altura rexeranse, polas normativas de circulación dos turismos e unha vantaxe teórica pero esta normativas.

Entendemos  que esta directiva afecta directamente aos vehículos pick up do SPDCIF xa que  nosas superan os dous metros de altura polo que se lle poderían  aplicarían a normas de circulación dos camións, baixando moito as velocidades de circulación. Dende a CIG,manifestamos en numerosas ocasións,a vital importancia de baixar o máximo os tempos de reacción - xunto coa calidade desta primeira intervención-  factores determinantes na extinción temperá dos incendios - para poder facer fronte  ao novo escenario, derivado da nova tipoloxía de lumes – cada vez máis de máis rápida propagación e máis complexos-  que estamos a sufrir en Galicia.

Este ano a Xunta de Galicia entregou vehículos pickup bastante melloradas na súa capacidade operativa, ás  cales é a nosa obriga sacarlles o máximo rendemento, feito que pode vir limitado por esta limitación de velocidade.

Dende a CIG volvemos a solicitar a Xunta de Galicia que cumpra tamén o requirimento feito dende  inspección de traballo , onde se indica que os vehículos das brigadas do SPDCIF dispoñan de luces de prioridade V 1,as cales  se van incorporar no estado español a partires do 1 de Agosto, tal e como ven recollido no BOE de 31 de Xullo nas modificacións ao regulamento Xeral de vehículos, onde no seu anexo XI, recolle que a sinal luminosa V-1 de vehículo prioritario, para "servizos de policía, extinción de incendios......," e será azul para tódolos vehículos de emerxencias.

Solicitamos:

Que  sobre todo, pola premisa fundamental de baixar o mínimo os tempos de reacción do SPDCIF, e polo cumprimento da lexislación vixente se lle incorpore aos vehículos de extinción do SPDCIF as luces prioritarias v- 1, para que en caso de lume ou emerxencia se poida  acudir o mais rápido posible.

A maiores, esiximos tamén que se aclare como entronca esta nova norma coa instrución mencionada do sete de xuño de 2017.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...