Novas por contido

Para as votacións ao Comité de Empresa do persoal laboral dos servizos centrais, que van ser o xoves 13 de decembro, trasladamos a seguinte información de Función Pública sobre os percorridos e horarios dos autobuses.

O minibús contratado será da empresa Rías Baixas, levará un cartace identificativo (eleccións sindicais laborais Xunta de Galicia). O horario é aproximado, pode variar uns minutos en función do tráfico.

PRIMEIRA SAIDA- CON PARADAS E HORAS DE PASO:

  • 09:25h (espera ata as 09:27h) RUA AXENCIA GALEGA INNOVACION (Rua Airas Nunes)
  • 09:40h CIDADE DA CULTURA (PARADA BUS XUNTO DARSENAS BUSES **revisa se hai alguen na parada de bus do Parking 4)
  • 09:45h AREA CENTRAL/EGAP (PARADA BUS DIANTE GUARDERIA O COELLIÑO BRANCO)
  • 09:50h SAN LAZARO (Diante DX Montes)
  • 10h SAN CAETANO (Parada bus Porta principal Estación de autobuses)
  • 10:20h REGRESO (FIN EN CONXO)

Este percorrido, cos intervalos de tempo equivalentes, repítense ao longo da mañá, cos seguintes horarios:

  • 09:25H SAIDA DE AXENXIA DE INNOVACION/ REGRESO 10:20H
  • 11:00h SAIDA DE AXENCIA DE INNOVACION / REGRESO 12:00H
  • 12:45H SAIDA DE AXENCIA DE INNOVACION/ REGRESO 14:00H
  • 15:15H SAIDA AXENCIA DE INNOVACION/ REGRESO 16:20H

As votacións rematan ás 16h.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...