Novas por contido
  • A Consellaría de Traballo e Benestar inicia o proceso para privatizar as Residencias de Maiores.
  • A CIG-Autonómica solicita unha entrevista urxente coa conselleira de Traballo e Benestar co fin de evitar a entrega a empresas privadas do servicio de atención as persoas maiores.

A CIG-Autonómica denuncia que a Xunta de Galiza está a enviar a equipos de empresas privadas para que fagan un estudo de cómo privatizar as residencias. O alcance da privatización comprendería nun principio a todos os servizos das residencias excepto os servizos sanitarios. A Residencia da Volta do Castro en Santiago de Compostela figura entre os primeiros centros de referencia para pasar á xestión privada. O alcance desta medida incluiría ao resto de residencias e centros de día que dependen da Xunta de Galiza. De levarse adiante, mais de 2.000 residentes con praza nun servizo público verianse afectados pola privatización da súa asistencia.

Esta é a política de austeridade de Feijoo: alugar as residencias públicas a empresas privadas e logo pagarlles polo número de residentes a atender. A Administración pon á disposición toda a infraestructura, a propia residencia, instalacións, medios e loxística  a un custo cero para esas empresas que sacan deste xeito pingues beneficios do erario público. Para iso nos rebaixa Feijoo os salarios, para entregarlle o montante a empresas privadas. Ista privatización clara e aberrante vai supor unha perda de calidade do servizo que poñérá aos nosos maiores en mans de factorías de facer cartos a costa dos problemas dos cidadáns.

A CIG-Autonómica ven de solicitar un encontro coa conselleira para que explique aos traballadores cales son as súas pretensións e en que se basea para privatizar uns servizos que son esenciais para a atención aos maiores e que supoñen unha garantía de prestacións de calidade e atención aos usuarios. Esixímoslle á Xunta a paralización deste proxecto de privatizacións das Residencias de Maiores e unha maior dotación de prazas para asistidos e a defensa dos servizos públicos tal e como é obriga da máxima responsable deste departamento.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...