Novas por contido

Ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno, as Xuntas de Persoal e Comités de Empresa da Xunta de Galiza abaixo asinantes, acordan apoiar a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 29 de marzo de 2012, co obxecto de esixirlle ao Goberno  un cambio de política que supoña:

  • A retirada dunha reforma laboral que:

    • non servirá para crear emprego,
    • non reducirá a dualidade do mercado laboral,
    • facilita e abarata o despedimento,
    • reforza o poder empresarial para modificar unilateralmente as condicións de traballo,
    • privatiza a xestión do desemprego.
    • introduce o despido no ámbito das Administracións Públicas

  • Defender a negociación colectiva como marco de protección das condicións de traballo, fronte aos intentos de atribuírlle ás empresas a capacidade de incumprir de forma unilateral os acordos acadados.

  • Defender os servizos públicos e as políticas sociais como piares básicos do Estado do Benestar.

  • Unha nova política fiscal, que reforce a estrutura de ingresos do Estado, recuperando impostos suprimidos e apostando por unha maior recadación baseada na progresividade fiscal.


Subscriben este pronunciamento de apoio:

A Xunta de persoal funcionario de Servizos Centrais

O Comité de Empresa de Servizos Centrais

A Xunta de persoal funcionario da Coruña

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar de Coruña

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar de Lugo

O Comité de Empresa de Medio Rural de Ourense

O Comité de Empresa de Medio Rural da Coruña

A Xunta de persoal funcionario de Pontevedra

O Comité de Empresa de Mar de Pontevedra

O Comité de Empresa de Educación de Coruña

O Comité de Empresa de Educación de Pontevedra

A Xunta de persoal funcionario de Ourense

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar de Ourense

O Comité de Empresa de Educación de Ourense

O Comité de Empresa de Medio Rural de Lugo

O Comité de Empresa de Presidencia de Lugo

O Comité de Empresa de Educación de Lugo

O Comité de Empresa de Medio Ambiente de Lugo

A Xunta de persoal funcionario de Lugo


Delegados/as de persoal de:

Consellaría de Economía e Industria de Ourense

...



Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...