Novas por contido

A CIG-Autonómica vén de presentar un escrito ante o director xeral de Función Pública, recollendo as queixas que achegaron moitas das persoas afectadas, polos atrasos no desenvolvemento dos seguintes procesos selectivos: C2 consolidación, A1 consolidación e C1 e A2 promoción interna.

O atraso nestes procesos selectivos é só un exemplo do mal funcionamento ao que nos ten acostumbados DisFunción Pública e que supoñen unha contínua merma dos nosos dereitos. Xa que logo, informamos que de non mellorar na súa eficiencia, co apoio das traballadoras e traballadores,  realizaremos as accións de protesta precisas a través dun calendario de mobilizacións.

C2 consolidación

A baremación definitiva da fase de concurso foi publicada no DOG do 21/11/2010. Dende entón, van máis de 2 meses, o tribunal aínda non achegou a lista de persoas que superaron o proceso selectivo. Solicitamos a publicación da relación de persoas aprobadas ou no seu caso unha aclaración satisfactoria das razóns do seu atraso.

A1 consolidación

A través dun escrito do 26 de novembro de 2010 denunciamos o enorme atraso neste proceso sen ver cambios no desenvolvemento da lectura do 2ª exercicio nin ter resposta por parte de Función Pública. Esiximos unha aclaración da parsimonia do tribunal, que reduce a lectura desta semana a 3 días e 3 persoas/día, tendo en conta que aínda queda o 3º exercicio e a fase de baremación de méritos. Solicitamos unha aclaración sobre as medidas se van a tomar para evitar o agravio que se vai producir con respecto ás persoas aprobadas da quenda de libre ao tomar posesión máis tarde.

A2 e C1 promoción interna

Xa foi denunciado pola CIG en reiteradas ocasións que a prioridade de toma de posesión debería ser en primeiro lugar para promoción interna segundo marca a lei. As tomas de posesión provisional desvirtúan o dereito das persoas da quenda de promoción interna e dan lugar a que unha persoa de acceso libre acumule máis tempo traballado e méritos cunha persoa de promoción interna, podendo acudir antes á seguinte promoción interna, aos concursos de traslados, etc. No caso do A2, os aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de libre foron nomeados con data de 27/07/2010 e os de consolidación con data de 08/11/2010, mentres que os de promoción interna seguen perdendo dereitos. No caso do C1 os da quenda de libre foron nomeados con data de 18/11/2010, estando  os de promoción interna e consolidación aínda sen nomear. Solicitamos unha aclaración sobre que medidas se pensan tomar para evitar este agravio con relación aos aspirantes de A2 e C1 pola quenda de promoción interna e así como os de C1 consolidación.


Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...