Novas por contido

O pasado 11 de abril tivo lugar unha xuntaza da comisión de listas de substitución nos que se falaron dos seguintes temas:

Listas definitivas de actualización de méritos

Función Pública di que están pendentes de certificacións que lle debe envíar algunha consellería polas reclamacións das persoas que teñen contratos a tempo parcial. Esto está retrasando todo o proceso.

Resolucións de apertura de varias listas Comunican que xa teñen feito o borrador para as de interpretes de linguaxe de signos, inspectores/subinspectores de urbanismo e subinspectores de consumo, pero aínda non lle deron o visto bo. A continuación a CIG pide que se proceda a apertura tamén das listas das categorías IV-041 e IV-042, xa que hai prazas sen cubrir e non hai listas. Toman nota e pasarán o aviso a Medio Rural para saber que quere facer co tema xa que son categorías específicas desta consellería según FP.

Chamamentos polo INEM

Informase que dado que nas listas III-104 da provincia da Coruña non hai ninguén inscrito e dado que había necesidade de cubrir prazas fixose un chamamento xenérico ao INEM que deu como resultado unha lista de aprox. 30 persoas seleccionadas. Agora precisase cubrir 2 prazas (IES Paseo das Pontes e IES Someso) polo que a Consellería pide autorización á Comisión para usar esa lista. Decidese CONCEDERLLE o dito permiso ata que haxa persoas admitidas na lista provisional.

Comunican asimesmo que a Consellería do Mar pide a cobertura de 2 postos de profesores non numerarios nas categorías de:

  • intervención subacuática (licenciatura, enxeñaría ou arquitectura máis técnico de mergullo)
  • medicina subacuática e hiperbárica( licenciatura en medicina máis tecnico en mergullo).

Dada a dificultade de atopar candidatos nas listas existentes decidese autorizar un chamamento xenérico ao INEM.

Outros

Tamén informan da cobertura dunha sustitución por maternidade na categoría II-017 a través das listas da Xunta para o INTECMAR.

Decideuse poñer un aviso/recordatorio na páxina de que para saber o estado nos ámbitos  dunha lista concreta debe facerse consultando o mesmo na lista desexada e non na páxina inicial.

Fixase a próxima reunión para o 24 de maio.

Outras novas recentes

Venres, 28 Novembro 2025

Aprobada unha carreira ordinaria cunha avaliación do desempeño penalizadora, coercitiva e que abre a porta ao control político do persoal

A Xunta vén de aprobar en Comisión de Persoal do 28 de novembro, co voto favorable de CSIF, CCOO e UGT, unha carreira administrativa condicionada a un modelo de avaliación do desempeño profundamente punitivo, desigual, clasista e que deixa amplísimos espazos para o control político sobre o persoal empregado público. O chamado proceso de “negociación” limitouse a unha única...
Martes, 25 Novembro 2025

Convocatorias de oposicións: psicoloxía, A1, A2, C1, C2, PSX e auxiliares de clínica

No DOG do 25/11/2025 publican as seguintes resolucións de convocatorias de procesos selectivos: Proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade...
Luns, 24 Novembro 2025

Estatística, funcionarización III-99, concursos traslados, OEP-2025, anulación oposicións SPIF, gas radon, consorcio (de CP 21/11/25)

Na Comisión de Persoal do venres 21 de novembro quedou aprobada a convocatoria de proceso selectivo de estatística-A2 e unha relación de postos de traballo (RPT) de funcionarización duns postos de grupo III-99. Na rolda aberta de intervencións, a CIG solicitou información do estado dos concursos de traslados, da relación de prazas da Oferta de Emprego Público 2025, da...