Novas por contido

O día 18/04/2011 realizouse a segunda a segunda xuntanza entre a Secretaria Xeral Técnica de Traballo e Benestar e as organizacións sindicais co obxecto de perfilar o sistema de contratación dos promotores de emprego.

Na xuntanza, a Administración reiterou a posición mantida na primeira xuntanza do 14/04/2011:  en aplicación do Real decreto-lei 13/2010 e R.D.L. 1/2011, se procederá á inmediata contratación de 109 promorores de emprego/orientadores para a execución de dúas medidas derivadas destas dúas normas estatais, desenvolvendo os itinerarios individuais e personalizados  para a mellora da empregabilidade de xóvenes e maiores de 45 anos en situación de desemprego de longa duración. Estes contratos, de carácter temporal, se extenderán, como mínimo até o 31/12/2012.

A CIG manifestouse contraria á creación dunha nova categoría no Servizo Público de Emprego e a un proceso de selección resultante dunha oferta xenérica regulada polo art. 7.5.b).2 do V convenio, solicitando que a contratación sexa co previo chamamento ás listas reguladas polo Decreto 37/2006.  Desde a CIG entendemos que o chamamento debería ser ou da categoría 007 do grupo II , ou do grupo A2 de funcionarios, nos que  hai, respectivamente, 3.055 e  6.384 traballadores que xa participaron en procesos selectivos co que a súa formación está debidamente acreditada.

Con respecto á titulación esixida, desde a CIG considérase a de Educación Social e de Traballo Social non son as que mellor responden ao perfil destes postos de traballo.

Por último, preguntamos as razóns polas que non se dota de ningún promotor a oficina das Pontes  de García Rodríguez (A Coruña), ao que a Secretaría Xeral  respostou que cada Xefatura Territorial se sinalaron as necesidades para cada unha das oficinas de emprego, primando non so os indicadores de desemprego senón tamén os espazos de cada oficina e, no concreto, a das Pontes non ten capacidade mentres non rematen as obras de remodelación.

As demais organizacións sindicais están tamén en contra da creación dunha categoría nova e propoñen o chamamento a través das listas do Grupo II ou do A2, agás CSIF, que manifestou o seu acordo coa creación desta categoría  que se denominaría orientador/promotor.

A Administración sinalou que non haberá máis xuntanzas previas e que levará a súa proposta definitiva ás mesas de negociación.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...