Novas por contido

A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, vén de facer declaracións aos medios de comunicación criticando o número de baixas laboráis na súa Consellaría. Parece ser que o persoal médico do Sergas neste caso non teñen competencias, son os propios traballadores e traballadoras as que se autorebaixan. Pero como o PP non da puntada sen fio, vén a segunda parte , e ao mesmo tempo achega ás organización sindicais un anexo de 58 prazas retiradas do concurso de traslados do grupo V que pretende amortizar en centros de menores, residencias do maior, etc. Asi actua a consellaría de Traballo, creando emprego....

O deterioro dos Servizos Sociais públicos é a pretensión desta Consellaría desde que Mato foi nomeada. Ao igual que coa sanidade e o ensino públicos, o Partido Popular trata de deteriorar os servizos prestados para despois venderllos ao mellor postor. O caso do centro Terra de Ferrol onde se cedeu a xestión a unha empresa privada é paradigmático da política emprendida por esta conselleira.

O obxectivo é claro: dar á xestión privada centros públicos é a de privatizar certos servizos destes centros. É a isto ao que responden as seguintes amortizacións:

Centro de Educación Especial Santiago Apóstol en Ferrol: 2 ordenanzas, 1 telefonista, 3 mozos de servizos e 2 camareiros/as limpadores/as, que se suman asi a amortización xa sufrida no pasado ano neste centro da Coruña.

Centro de Menores de San Paio en Santiago de Compostela: 4 camareiras/os limpadores/as

Centro de Menores de José de Calasanz na Coruña: 1 camareiro/a limpador/a

Centro de Menores de Virxe do Carme en Ferrol: 1 camareiro/a limpador/a

Residencia de Maiores en Ferrol: 2 ordenanzas, 1 axudante de cociña

Residencia de Maiores da Porta do camiño en Santiago: 2 ordenanzas

Residencia de Maiores da Volta do Castro en Santiago: 2 ordenanzas, 2 axudantes de cociña

Residencia de tempo libre de Panxón: 4 camareiros/as, 2 empregados/as de cociña e 2 limpadores/as 

Residencia de tempo libre de Carballiño: 3 camareiras/os limpadores/as

Residencia Xuvenil Lugo: 3 camareiras/os limpadores/as

...

E suma e sigue, así ata 58.

O obxectivo final é conseguir desmantelar o sistema de Servizos Sociais Públicos e convertir en negocio millons de euros de toda a cidadanía para diversas empresas privadas que asumirían a xestión de varios centros. E lembremos que as empresas privadas teñen como obxectivo principal gañar cartos,co cal é de esperar precarización nas condicións laborais e merma de calidade na atención á parte mais débil da sociedade galega (maiores, menores en desamparo...).

Ao mesmo tempo, os restos deste sistema público se encadrarán na futura Axencia Galega de Servizos Sociais, onde a Consellaría vai ter posibilidade de ter prazas de persoal propio fóra do Convenio Colectivo, sen as garantía salariais e sociais que ten o persoal da Xunta.

A CIG manifesta o seu total rexeitamento a estas amortizacións, e espera que a conselleira nos chame á entrevista que temos solicitado e dea explicacións aos miles de traballadores desta Consellaría sobre o seu futuro. Queremos tamén manifestar á opinión pública que o deterioro dos Servizos Sociais se produce non polas baixas laboráis dos traballadores/as destes servizos senón que é provocado conscientemente pola Consellaría reducindo persoal para logo vender estes Servizos Sociais ao sector privado.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...