Novas por contido

A CIG-Autonómica vén de lle solicitar formalmente á Dirección Xeral da Función Pública a cobertura inmediata dos postos das escalas de axentes forestais e axentes facultativos ambientais (vacantes e non vacantes), e que non se condicionen as comisións de servizo pola vacante que resulte xa que non hai argumentación legal, nin xustificación económica, nin solución organizativa que o ampare. ACTUALIZADO: Ver resposta de Función Pública.

Os/as axentes forestais e os/as axentes facultativos ambientais están adscritos aos distritos forestais e distritos ambientais da Consellería de Medio Rural. As súas funcións veñen recollidas no regulamento da escala de Axentes Forestais, regulamento que a efectos prácticos e de xeito subsidiario e provisional a día de hoxe esta administración esta a aplicar nos axentes facultativos ambientais mentres non elabora un regulamento propio da escala.

No artigo 19 do Regulamento da escala de Axentes Forestais (Decreto 293/1997, do 1 de outubro), estabelécese a obriga do persoal á prestación dos servizos necesarios até o cesamento da situación de emerxencia.

No artigo 2 do regulamento, descríbense as funcións que lle corresponden ao persoal da escala, especificamente no seu punto d) a “vixilancia e prevención de incendios forestais, participando nas tarefas de extinción, coordinando e dirixindo o persoal e medios o seu cargo”.

No artigo 6º, “...o persoal da escala poderá ser adscrito temporalmente con carácter funcional, durante as datas e períodos de cada ano que sinale a Consellería de Medio Rural, en función das necesidades existentes, a outra especialidade ou servizo, dentro do ámbito da actuación da escala, distinto daquel no que encadre o seu posto de traballo, por un período continuo máximo de 4 meses.”

O Acordo de condicións de traballo que regula a organización das escalas de axentes forestais e facultativos medioambientais (2004) é un acordo integrador que non fai diferenciacións entre funcións e servizos.

A estructura orgánica da Consellaría de Medio Rural integra a organización dos axentes forestais nos distritos (sen diferenciar forestais e ambientais).

Dende a sinatura do Acordo (ano 2004) estase a realizar unha asignación periódica na época de Perigo Alto de Incendios de axentes que fan funcións de conservación da natureza á realización de tarefas na extinción de incendios (dirección de extinción) integrándose completamente no plan de prevención e extinción de incendios (PLADIGA). Asimesmo esta asignación organizativa de efectivos se pode realizar de xeito inverso no caso de emerxencias ambientais.

A Lei de Emerxencias de Galicia contempla ao persoal do Servicio de Prevención e Defensa contra Incendios de Galicia como persoal de emerxencia e os axentes forestais e facultativos ambientais dos 19 distritos de Galicia teñen entre as súas funcións as de prevención e extinción de Incendios Forestais executando a dirección de extinción dos mesmos así como a vixilancia preventiva e control na xestión da prevención e restauración dos terreos afectados por incendios forestais entre outras. No ámbito da conservación da natureza estas funcións son diarias e permanentes tamén na rede de  espacios naturais protexidos de Galicia (Parques Naturais e Nacionais, espazos da rede natura 2000, Reservas da Biosfera...).

Por outra banda, o 26 de febreiro de 2010 comunicouse por teléfono ós funcionarios e funcionarias das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais adscritos tanto o servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais coma ao de Conservación da Natureza que teñen que estar “dispoñibles” durante a xornada do 27 de febreiro por mor da emerxencia meteorolóxica que supón chegada dunha cicloxénese á nosa xeografía. Esta dispoñibilidade afectou tamén ao persoal que esta de libranza.

Dende a Confederación Intersindical Galega expomos que tódolos axentes forestais están a realizar estas funcións de emerxencias a día de hoxe, aínda que con eivas organizativas e lexislativas que foron denunciadas por esta organización en reiteradas ocasións  e das que xa solicitamos a súa mellor regulación.

A lei 14/2010, do 27 de decembro , de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, no seu artigo 29, en relación a cobertura de prazas por persoal funcionario interino, quedan exceptuados para cubrir necesidades urxentes e inaprazables: “d) Persoal adscrito ao servizo de defensa contar incendios forestais” e “f) Persoal adscrito ao sistema de emerxencias e protección civil”.

Dado que non se están a cubrir as vacantes, baixas por incapacidade temporal, vacacións, permisos de maternidade/paternidade, suspensións por risco no embarazo, liberacións sindicais, etc.; e por outro lado, que a non cobertura de vacantes e a non realización de substitucións están a afectar a concesión das comisións de servizo solicitadas, desde a CIG-Autonómica instamos á Dirección Xeral de Función Pública para que se cubran todas as baixas e vacantes coa maior brevidade.


Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...