Novas por contido

O 16 de marzo foi publicado no DOG o inicio da campaña da vixilancia periódica da saúde no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia para o ano 2009. O ámbito de aplicación abrangue a todo o persoal ao servizo da Administración xeral da Xunta de Galicia agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, e persoal de entes públicos e fundacións.

A vixilancia da saúde é un dereito do persoal traballador recollido no artigo 22 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais. Dende a CIG-Autonómica vimos demandando que, tal e como recolle a lei, a vixilancia da saúde sexa realizada en función dos riscos inherentes ao posto de traballo e non de forma xenérica. Por exemplo, as consecuencias sobre a saúde dos riscos inherentes a un posto administrativo se vixiarían de forma máis eficiente a través de análises de doencias muscolo-esqueléticas e non a través dunha aspirometría, un electro ou unha analítica de sangue. Non é que unha analítica de sangue non sexa importante facela unha vez ao ano, pero a orixe da vixilancia da saúde é analizar as consecuencias que os riscos do noso posto teñen na nosa saúde, e os riscos dos postos administrativos non alteran o colesterol, o azucre ou as transaminasas hepáticas, p.ex.

A inscrición previa realizarase unicamente de forma telemática a través do formulario que se atopa na páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Trala modificación introducida pola Resolución de 25 de marzo de 2009 (DOG do 2 de abril) o prazo de inscrición rematará o 30 de abril, agás persoal de nova incorporación e persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde. Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado posteriormente, a través das citacións, para realizar a vixilancia da saúde.

A pesar da nosa insistencia para que tamén se puidera facer a solicitude vía papel co obxecto de facilitar a inscripción do persoal traballador con dificultades de acceso ás novas tecnoloxías, de momento non aceptaron e así aparece reflectido na publicación da resolución no DOG. Aquelas persoas que poidan ter complicacións deben comunicarllas ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais (981.54.49.00)

Outras novas recentes

Mércores, 11 Setembro 2024

A Xunta provoca o descontento entre o persoal coidador

O modelo de funcionarización aprobado pola Xunta ven de provocar unha vez máis situacións de agravio, inxustiza e malestar. Realizar unha funcionarización dunha categoría (creando unha escala de persoal funcionario) e os postos da mesma SEN FUNCIONARIZAR AO PERSOAL da lugar a que o persoal laboral fixo quede relegado ao perder dereitos de mobilidade. Isto vese agravado...
Mércores, 11 Setembro 2024

Eloína, a curmá de Feijoo, enchufada ás agachadas sen nomeala por libre designación

Utilizan en fraude de lei a figura da comisión de servizos, que a lei establece como excepcional, para que non tivera publicidade a través do DOG. Cando se soubo que Eloína Núñez pasou a desempeñar o posto de subdirectora xeral houbo quen pensou que o seu nomeamento se publicaría no DOG despois de convocar o posto polo procedemento de libre designación. Pero isto implicaría...
Mércores, 11 Setembro 2024

RPT Agacal, RPT de funcionarización (para MSF e MX 13/09/24)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, que serán o venres 13 de setembro, coa seguinte Orde do día: Para a MSF: RPT de AGACAL. Descargar (comentar que a anterior xuntanza foi en SETEMBRO DO 2023) Para a MX RPT de funcionarización de...