Novas por contido

O 13 de marzo tivo lugar a Mesa Xeral do NON. O goberno en funcións despidese paralizando a Función Pública, co apoio incuestionábel de CCOO e CSIF. Pasamos do extremo dos derradeiros dias de Fraga, nos que se tomaron demasiadas de decisións que comprometeron a acción do goberno entrante (sendo Alberto Núñez Feijoo o  Vicepresidente), a un goberno que non é quen sequera de rematar asuntos aprobados cando non estaba en funcións.

A Mesa Xeral do dia 13 foi mero trámite pois fora dunha modificación da RPT da consellaría de Pesca, estivo centrada na aprobación dunha morea de actas anteriores pendentes (xa era hora), e rogos e preguntas.

Chegados a este punto, a CIG fixo unha chea de rogos e preguntas, e as respostas resumense en tres letras: NON.

 
  • Vaise a publicar as oposicións de promoción interna que foron xa a Comisión de Persoal antes das eleccións? NON.

  • Vaise negociar as oposicións de laborais da oferta do 2008? NON.

  • Vaise negociar o concurso de traslados de funcionarios/as de corpos xerais? NON.

  • Vaise negociar o concurso de traslados de persoal laboral? NON.

  • Vaise publicar (ou re-negociar) o Fondo de Acción Social? NON.

  • Vai seguir para adiante o proceso de consolidación de emprego de persoal laboral que o único que lle faltaba era a publicación das RPTs? NON.

  • En xeral, vaise seguir para adiante con algún proceso? NON.

  • Vamos tirar para adiante coas RPTs que xa están negociadas e so están pendentes de ir á Mesa Xeral? NON. (Somentes vai ir a de Educación).

  • Vaise negociar o reparto do 10% pendente do Acordo Salarial do ano 2009? NON.

  • Presentamos unha queixa por non convocar a mesa do acordo de Axentes Forestais, así como pola actitude da Consellaría de Medio Rural na mesa de seguimento do acordo de persoal de incendios. Van convocar a mesa do acordo? NON.
 

NON. Non se vai publicar nada mentres estea o goberno en funcións, confirmandose o afirmado na prensa segundo a cal o actual conselleiro da presidencia, Mendez Romeu, deu instruccións á Dirección Xeral da Función Pública de paralizar todos os nomeamentos de tribunais pendentes. Como podes comprobar o que nos queda mentres non veña o novo Goberno é case que irnos de vacacións, xa que a Administración está “pechada por reformas”.

Conseguiramos unha serie de cousas boas, destacando a magnífica promoción interna para funcionarios/as de corpos xerais que xa pasou por todos os trámites cando o goberno non estaba en funcións, so pendente da sua publicación no DOG, e agora pode ir ao lixo se o PP non quere tirar para adiante.

E o mais vergoñento é que a esto contribuen CCOO e CSIF que esixen que non se publique ningún tribunal, nin ningunha oferta de emprego, nin nada até que chegue o novo goberno. Esquecen estes sindicatos que os acordos (e desacordos) foron tomados por un goberno "titular", non en funcións, que nomear o tribunal dun proceso xa aprobado ou publicar unhas bases de oposición que pasaron todos os trámites antes das eleicións, son simples trámites que para nada van condicionar a acción política do goberno entrante. Se a cousa remata mal, termos que darlles as grazas.

Bases da promoción interna a corpos xerais aprobadas na Comisión de Persoal do 10/2/09.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.