Novas por contido

Desde a CIG-Autonómica, temos coñecemento de que persoal do centro de ensino CEIP "Juan de Lángara" de Ferrol presentou o 02/06/2011 unha solicitude á Xefatura Territorial da Coruña da C. de Educación para xuntar a Comisión de Horarios estabelecida no Acordo sobre horarios de persoal subalterno de centros de ensino (Resolución da Secretaría Xeral de Educación do 29/01/2009 publicada no DOG de 06/02/2009).

Unha vez transcorridos case tres meses e a punto de comezar un novo curso, a Xefatura Territorial de Educación da Coruña nin convocou a Comisión de Horarios nin solucionou o problema, e segundo nos comunican desde a Xunta de Persoal do Funcionariado dos Servizos Periféricos da Coruña, a Xefatura Territorial non ten intención de resolver este asunto.

Desde a CIG-Autonómica, demandamos á Consellería de Educación que se xunte a Comisión de Horarios coa maior brevidade, tendo en conta, alén do prexuízo para o persoal afectado, o trastorno que podería supoñer para o centro o mantemento dun horario manifestamente irregular.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...