Novas por contido

Estas alegacións van na liña de non aceptar ningún tipo de autonomía para ningún ente no ámbito da xestión de persoal. A CIG non está de acordo en que os entes públicos teñan persoal propio alleo á xestión e control da Dirección Xeral da Función Pública, que ten que se o único órgano competente para TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS PÚBLICAS.

Se se aproban os estatutos da Axencia, tal e como están redactados actualmente, daríase o problema de que o persoal que se contrate por este novo ente seguiría nun limbo diferente ao resto do persoal da Xunta. Lembremos que as condicións laborais actuais deste persoal están regulamentadas polo Convenio Provincial de Oficinas e Despachos. Nas circunstancias actuais é bastante ridículo falar dunha mobilidade entre este persoal e o resto de persoal laboral da Xunta que está dentro do ámbito do V Convenio.

Non entanto, actualmente hai un proceso de negociación do Proxecto de Decreto polo que se regula o Réxime do Persoal das Entidades Instrumentais Integrantes do Sector Público de Galicia que sexan Obxecto de Creación, Modificación e Extinción. Entendemos que a negociación da integración deste persoal ten que estar suxeito a aprobación deste decreto, polo que estamos radicalmente en contra de negociar un proceso separado para o persoal do actual IGAPE.

Por outra banda hai máis cuestións que tampouco nos gustan neste proxecto de creación de Axencia e así llo facemos ver á Administración. Non existen Relacións de Postos de Traballo públicas, hai un exceso de cargos directivos e postos en Libre Designación (45 de 133 traballadores), permítese, e iso mesmo deféndeno na mesa de negociación, a contratación de asistencias técnicas alleas ao IGAPE e tamén se prevé que o propio IGAPE xere novos entes, o cal xa é para botarse a chorar.

En conclusión, a CIG-Autonómica está en contra de que o persoal que traballe para a Xunta de Galiza non pase por un proceso selectivo ou por un decreto de substitucións temporais que non estea xestionado e tramitado pola D. X. da Función Pública, como o resto de traballadores e traballadoras da Administración Autonómica. Hai unha normativa vixente, o Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei de Función Pública de Galicia e o V Convenio do Persoal Laboral. A partir de aquí falamos do que faga falta.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...