Novas por contido

En xuño desde a Dirección Xeral de Montes díxosenos que iamos ter xuntanza da Comision de Seguimento do Acordo de axentes Forestais en setembro...pasaron os días de setembro e ante o silencio e dadas as previsións de seca dende a CIG insistimos...agora esgotados os 4 meses de gardas desde o día 1 de outubro os/as axentes forestais (directores de extinción dos lumes), estamos en periodo ordinario, é dicir, fóra de gardas.

Co grande numero de incendios que temos neste mes de outono estanse duplicando quendas (de 7 a 14h) e facendo moi por riba do regulado no Acordo (máximo de 8h/mes). Iste feito xa foi denunciado ante os medios de comunicación desde CIG-Autonómica nun par de notas de prensa que tiveron moi pouca repercusión (si vos fixades na prensa sae so a" versión Xunta" dos incendios forestais).

Falamos co director xeral de Montes e nos respostou "deja que lo mire y te llamo", e debeuno mirar amodo, porque unha semana máis tarde cando, promovida pola CIG, pretendemos rexistrar a solicitude de convocatoria pola parte social da Comisión de Seguimento do Acordo de Axentes Forestais, XUSTO HOXE, chama a Subdirección Xeral de Incendios ao noso secretario nacional da CIG-Autonómica para comunicarlle que aos axentes forestais nos ían a por  en gardas a partir de mañá, período extrordinario, sen a preceptiva convocatoria da Comisión e esgotados os 4 meses regulamentados.

Que dicir aquí??

Pois que a Xunta caeu da burra pero polo lado malo. Xa que sí, é preciso estar en gardas dado que ESTA A ARDER GALIZA...pero tamén é imprescindíbel xuntar a Comisión de Seguimento do Acordo de Axentes Forestais, que non convocou desde que hai case 2 dous anos e como mínimo o respecto e dignidade  precisa aos funcionarios e funcionarias da Xunta de Galiza que temos a máxima responsabilidade na seguridade e organización dos incendios forestais.


Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.