Novas por contido

As condicións meteorolóxicas do mes de outubro, propicias para a aparición e propagación dos incendios forestais, eran coñecidas desde finais de setembro. Pese a iso o goberno da Xunta de Galicia decidiu prescindir de máis da metade do operativo de extinción de incendios forestais a finais do mes de setembro. As consecuencias desta irresponsabilidade supuxeron máis de 23.000 ha. queimadas e unhas condicións laborais para o persoal en activo que levaron á anulación de vacacións e asuntos propios, á prolongación das xornadas laborais até as 18 horas continuadas na extinción directa e ao aumento do número de accidentes laborais.

A implicación do persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais no seu traballo foi absoluta, chegando incluso compañeiros a solicitar a anulación das vacacións concedidas para colaborar na extinción do lume.

Un exemplo da responsabilidade colectiva na loita contra os incendios forestais tivémolo o domingo pasado no gran incendio forestal da Ribeira de Piquín, declarado de nivel 1 (por afectar a bens e persoas alleos ao dispositivo de incendios): os primeiros compañeiros que se tiveron que enfrontar a este lume víronse tan impotentes ante a virulencia das lapas que chegaron a queimarse, as veciñas e veciños das aldeas afectadas tiveron que abandonar as súas casas e axudaron na extinción.

E mentres todo isto acontecía quen coordinaba as labores de extinción? Javier Ruíz de Almirón Schlung, Xefe do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Lugo ? Non, estaba de vacacións fóra da Península Ibérica desde o 17 de outubro.

O que non debía estar de vacacións é o responsábel de filtrar a información. Nun incendio forestal que tivo unha duración de 12 horas as primeiras informacións elaboradas pola Consellaría do Medio Rural, dadas cando xa todos sabíamos que era un incendio de grandes dimensións, aseguraban que afectara a tan só 20 ha., en informacións posteriores daban o dato de 80 ha. e finalmente recoñecen 310 ha.

Dan gañas de pedir o cese fulminante do citado Xefe do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Lugo, pero a quen llo esiximos?, ao máximo responsábel da loita contra os incendios forestais e responsábel do seu nomeamento? o que decide prescindir do 60% do operativo a finais de setembro facendo unha valoración triunfal da campaña antes de rematada e que chegou a afirmar que “non ten sentido limpar o monte para evitar incendios forestais”.

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...