Novas por contido

Rogelio Martínez foi pillado ‘in fraganti’ arrancando cartaces da CIG

Rogelio Martínez 'O futbolero' Rogelio Martínez 'O futbolero' Cartaces arrancados por Rogelio Martínez

Nunha nova demostración do seu talante democrático, o Delegado da Xunta de Galiza en Ourense, Rogelio Martínez, dedícase a arrincar carteis sindicais do edificio administrativo de Ourense (Casa de Chocolate).

A CIG-Autonómica, dentro da súa laboura de crítica e denuncia dos despropósitos dos representantes políticos da Xunta de Galiza, está a informar aos/as traballadores/as da Xunta de Galiza en Ourense de que o seu máximo xefe  xerárquico estivo a pasalo ben no Estadio Santiago Bernabeu, vendo un partido do Real Madrid, mentres toda a provincia de Ourense se consumía no lume.

Non saímos do nos asombro cando comprobamos que o Delegado Territorial en vez de estar a conseguir e xestionar axudas para recuperar as zonas afectadas, en vez de estar a se reunir cos alcaldes das zonas máis afectadas polo lume para buscar solucións para todos os seus veciños/as e así darlle un pulo a maltreita economía do interior de Ourense, ao que se dedica é a pasear durante toda a mañá polo edificio administrativo da Xunta de Galiza, secuestrando información sindical, censurando información, para que ninguén teña constancia das súas falcatruadas, e arrancando todos os carteis que esta central sindical levaba pegados.

Esta é outra das múltiples razóns para que este “señor” sexa cesado de xeito inmediato, o Partido Popular non pode ter un representante político que se dedique a estas labouras en vez de traballar por sacar a esta provincia da crise económica na que se atopa. Non pode ser que se vaia a Madrid a ver o fútbol mentres a nosa provincia arde polos catros costados.É nesto no que nos gastamos case 10.000.000 das antigas pesetas dos nosos impostos? Este é o salario – escandaloso – que cobra Rogelio Martínez. Será para poder pagarse unha entrada VIP no campo do Real Madrid? Ou para facerse socio do Madrid?

Queremos, tamén, facernos eco das declaracións que recentemente fixo o presidente Núñez Feijoo na súa viaxe a Arxentina cando falaba de que os cidadáns merecen «Un Gobierno que diga la verdad y un Gobierno que gestione esa verdad, que gestione la realidad».

Dende a CIG preguntámonos se esta é a xestión da verdade do Partido Popular consiste en arrancar os cartaces? Consiste dicir a verdade en que un alto cargo do goberno galego vaia arrancando cartaces que o critican por un feito constatado? Consiste nisto a xestión da realidade? Censurando o evidente? Impedir que os cidadán coñezan a realidade?

Entenderemos que se Rogelio Martínez non é cesado será porque se consenten e comparten as súas actitudes. Tanto nesta actuación coma nas precedentes.


Podedes acceder á colección dos cartaces arrincados premendo nas seguintes imaxes:

Rogelio CCOO, CSIF e UGT Rogelio Mangueira  alt

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...