Novas por contido

No último plenario da Xunta de Persoal, que tivo lugar o 5 de outubro, os principais acordos adoptados foron os seguintes:

  • Solicitar unha entrevista coa S.X. de Traballo e Benestar para que nos aclaren a negativa que se lle deu a un funcionario desa consellería pola súa solicitude de gozo do seu período vacacional. Este compañeiro estivo de baixa durante durante una ano e hai sentenzas que lle amparan no seu dereito. Así mesmo faranse as xestións pertinentes perante Función Pública para que se inclúa este dereito na normativa propia do persoal funcionario.

  • Nos informes que emita esta Xunta de Persoal con respecto ás flexibilizacións horarias incluirase una petición de copia da resolución posterior e unha indicación de que se informa favorablemente, xa que nalgún caso o departamento de persoal correspondente ten emitido algunha resolución desfavorable sen informar á Xunta de Persoal.

  • Solicitar unha reunión a Renfe para que nos informe sobre as frecuencias de horarios, prezos e descontos a grandes colectivos sobre as liñas con orixe na Coruña, Ourense, Vigo e Pontevedra e destino en Compostela. Posteriormente convocarase unha asemblea informativa para pór a disposición dos compañeiros e compañeiras interesadas nestas liñas de transporte esa información.

  • Solicitar unha xuntanza co concello de Santiago de Compostela para abordar diversas cuestións relacionadas co transporte urbano (chegada de liñas ao Monte Gaiás e transbordos coa tarxeta de bus da Xunta de Galicia) e cos problemas de aparcamento que hai no entorno de San Caetano.

  • Decidiuse por unanimidade dos presentes e coa ausencia dos representantes da CSIF, enviar unha solicitude de resposta de todos os escritos pendentes de contestar por parte da Administración remitidos por esta Xunta de Persoal. Debido á burla constante á que é sometido este órgano de representación acordouse facer un acto de protesta para denunciar esta situación.

  • Acordouse tamén dar un impulso á Comisión pola Dignidade do Empregado Público, xa que hai razóns e motivos suficientes para facelo. Neste punto tamén se acordou solicitar unha relación das Asistencias Técnicas que están prestando servizos en locais da Xunta de Galicia, nomeadamente nos Servizos Centrais.

  • Por último, acordouse tamén solicitar unha entrevista co secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para abordar a problemática da ausencia de persoal subalterno na Secretaría Xeral de Política Lingüística e que está a provocar que o resto do persoal estea a facer este traballo de xeito rotatorio. Todo o persoal menos os xefes de servizo.

Pilar de Celis Getino

Presidenta da Xunta de Persoal de Servizos Centrais

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...