Novas por contido

O Pleno da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais manifesta o seu máis profundo rexeitamento contra as medidas de recortes antisociais nas distintas administracións públicas, e máis en concreto, na Xunta de Galicia.

As maioría de recortes nas administracións non supoñen ningún aforro senón trasladar o custo dos servizos públicos á cidadanía que vai ter que pagar máis por menos. E será precisamente a cidadanía máis desfavorecida e con menos recursos a que máis se verá afectada con estes recortes. Medidas como os copagos ou as subas do IRPF, que en termos absolutos recaerá maioritariamente sobre os traballadores e pensionistas que gañan menos de 30.000€/ano, son boa proba disto.

Desde esta xunta de persoal defendemos os servizos públicos como eixo vertebrador do dereito ao benestar e defendemos tamén a figura do empregado público como garante fundamental deste dereito. Todo ataque contra un debe considerarse un ataque contra o outro.

Xa que logo, cualificamos de demagoxía o tratamento que está a sufrir neste tempo a figura do empregado público polos medios de comunicación para distraer a atención sobre o que realmente preocupa a poboación: atopar un traballo digno. Unha demagoxia na que nin sequera nos dan a oportunidade de defendernos. Cantos son os estudos, informes e opinións verquidas sobre nós sen nin sequera dispoñer dunha quenda de réplica neses mesmos medios?

Criticamos, igualmente, que os diferentes cargos políticos utilicen estes medios para denigrar a nosa figura e culpabilizarnos ante a opinión pública da crise económica. Unha actitude hipócrita e irresponsable; hipócrita porque mentres que se recortan e conxelan os salarios dos seus empregados de maioría mileurista, os altos cargos na administración seguen a gozar de pluses e prebendas. Pero aínda máis, trátase dunha actitude insólita e irresponsable; a que empresa seria se lle ocorrería estar humillando, ridiculizando e apertando ao seu persoal que é co que conta para saír adiante?

Somos conscientes da coiuntura económica actual porque vimos sufrindo como ningún outro sector unha perda continuada dun 12% de poder adquisitivo nestes 2 últimos anos entre recortes e conxelacións. Cremos que a administración debe ser austera máis nunca pero sen que esta austeridade afecte á calidade dos servizos públicos que recibe a cidadanía que xa paga cos seus impostos.

Estamos en contra dunha austeridade única e exclusivamente a base de empobrecer e humillar aos empregados públicos, etiquetándonos de privilexiados simplemente por ter a estabilidade laboral desexable para calquera traballador. Porén, non por ter unha estabilidade laboral podemos aceptar, nin aceptamos, unha conxelación salarial perpetua, sen límite nin condicións. Do mesmo xeito que non aceptamos unha conxelación ou retroceso do resto dos nosos dereitos como pode ser a mobilidade ou a promoción profesional, entre outros.

Por último, queremos expresar a nosa solidariedade e apoio aos diferentes movementos de empregados públicos que están a levantar a voz, defendendo os servizos públicos e a nosa dignidade así como a necesidade da nosa figura para superar esta crise entre todos, sen deixar a ninguén atrás. Esta xunta de persoal ponse ao servizo do persoal que representa e organizará asembleas e mobilizacións para defender os dereitos dos empregados públicos, en particular, e da cidadanía en xeral.

Nota remitida aos medios

Descargar comunicado

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...