Novas por contido

A CIG-Autonómica convoca a todo o persoal da Xunta de Galiza a Concentración de Delegados da C.I.G. que terá lugar mañá xoves, día 2 de abril, ás 11:30h diante da Consellaría de Presidencia, Edf. Administrativo San Caetano, para esixir que se cumpran, por parte da Administración, os acordos e compromisos acadados coas OO. SS., como son a publicación dos tribunais dos Grupos A1, A2 e C1 e a promoción interna, así como o Concurso de traslados.

Dende a CIG-Autonómica reiteramos a invitación as demais Centrais Sindicais a que se unan a esta concentración, invitación que lle fixemos chegar no día de onte por escrito e non tivemos resposta.

Un Goberno en funcións non pode tomar decisións que comprometan o Goberno entrante, pero non pode deixar de gobernar, e ten que cumprir coas negociacións mantidas e acadadas, máxime cando son só cuestións técnicas.

Estamos a falar de acordos tomados polo goberno cando non estaba en funcións, acordos que cumpriron todos os trámites, e so pendentes de publicación no DOG (bases de promoción interna de corpos xerais, nomeamentos de tribunais..).

POR A PUBLICACIÓN DA PROMOCIÓN INTERNA E DOS TRIBUNAIS PARA AS OPOSICIÓNS NA XUNTA DE GALIZA, CONCENTRACIÓN O XOVES, DÍA 2 DE ABRIL, ÁS 11:30 H, NO EDIFICIO DE PRESIDENCIA EN SAN CAETANO.

“OS ACORDOS SON PARA CUMPRIRSE”

 

Ver todas as fotos

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...