Máis que CIG-Autonómica

Ten en conta que moitas persoas traballadoras aínda non percibiron o ingreso das súas prestacións.

Diante desta situación e co ánimo de contribuír a non dificultar esa situación económica, o Secretariado Confederal da CIG acordou atrasar un mes o cobro da cota sindical que correspondería realizar no vindeiro mes de maio. Deste xeito o cargo do recibo correspondente ao 2º trimestre do ano realizarase na primeira quincena do mes de xuño, na vez de no mes de maio como correspondería.

Isto, así mesmo, supón que, polos prazos establecidos para os diferentes procedementos bancarios, tamén retrasará o cargo dos recibos dos 3º e 4º trimestres deste ano, de tal xeito que o 3º trimestre pasará a ser cargado nos primeiros días de setembro, na vez de en agosto e o 4º trimestre, previsibelmente, arredor do día 15 de novembro.

Outras novas recentes

Sábado, 16 Outubro 2021

Orzamentos e lei de medidas 2022: modificación da lei de emprego ás carreiras e sen negociación na Mesa Xeral do 15/10/2021

A Xunta impón a modificación da lei de emprego público e os orzamentos en materia de persoal para 2022 O acontecido na Mesa Xeral de Empregados Públicos do 15 de outubro non foi pasar o rodete, foi unha falta de respecto a todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza. Non teñen escrúpulos e desta vez foi o recente falecemento do conselleiro de Facenda a escusa...
Luns, 18 Outubro 2021

Apertura de prazo para que as persoas anotadas en determinadas listas de laborais se integren nas equivalentes de persoal funcionario

No DOG 18/10/2021 - REQUISITOS: • Ter 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación (65 anos no caso do persoal funcionario) • Figurar admitido/a nalgunha lista das categorías de persoal laboral equivalentes ao corpo no que solicita a inclusión (non poden anotarse os/as que se atopen penalizados a día 15 de xullo de 2014 ou antes) • Ter nacionalidade española ou dalgún...
Xoves, 14 Outubro 2021

Anteproxecto Lei de medidas 2022: modificación da lei de emprego

Función Pùblica vén de convocar ás organizacións sindicais a unha Mesa Xeral de Empregados Públicos que terá lugar o venres 15 para "negociar" o anteproxecto de lei de orzamentos do 2022 e o anteproxecto de lei de medidas naqueles aspectos que afectan ao persoal empregado público. Afondando no costume instaurado polo director xeral de Función Pública, fomos convocados tamén...