Máis que CIG-Autonómica

As marchas procedentes de todas as comarcas da Galiza sairán de varios puntos da cidade ás 11h para confluír en San Caetano. Arredor das 12 trataremos de arrodear o edificio da Xunta en San Cetano.

Acude e participa coa CIG pola recuperación económica e social da Galiza!

Ante a inacción do PP, a CIG fai un chamamento a participar na mobilización nacional convocada para o vindeiro 15 de xuño en Compostela. Un acto de protesta no que se prevé arrodear o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, en demanda dun verdadeiro Plan de Recuperación Económica, Industrialización, creación de Emprego, Dereitos e Servizos Públicos que garanta o dereito a vivir e traballar dignamente na nosa terra.