Na Comisión de Persoal do 17/04/2023 onde se aprobou a RPT de funcionarización do persoal de limpeza e cociña, dende a CIG formulamos as seguintes cuestións:

• Para cando estiman que estean resoltos os procesos selectivos de enxeñeiros agrónomos, de montes, técnicos agrícolas e técnicos forestais que agora están en fase de acreditación de méritos e cal vai ser a orde de prelación entre as distintas escalas?

DXFP: É probable a resolución sexa para despois do verán é en relación á orde, primeiro habería que ver a disposición de postos para ofertar entre outras cousas.

Promoción interna corpos xerais: seguen sen convocarnos a negociar as bases e xa saíron listaxes de libre e as datas dos primeiros exames.

DXFP: Están rematando moitos procesos pero poden adiantar que nunhas semanas (logo din un par de meses) se vai comezar a negociación bases, sobre todo na PI da OEP 2020 para que non caduque.

Procesos estabilización: dixeran que tiñan case rematadas as listas provisionais de admitidos duns 50 procesos. Cales son? Que previsións teñen?

DXFP: Darán un cronograma para a semana que vén e se poden mañá avanzan algo.

RPT do Consorcio e integración.

DXFP: Están pendentes do informe asesoría xurídica. Queren que se publique o antes posible.

Comunicacións ITs en Educación: facemos constar o inapropiado da instrución. Poñemos por diante que consideramos que as substitucións se deben axilizar e cubrir as IT´s canto antes, pero a vía é tratar de consensuar un protocolo co SERGAS para automatizar o proceso.

Educación: están traballando co CIXTEC para que se poida facer un procedemento sen a intervención das persoas que entran en IT.

A maiores a DXFP tamén comenta que:

• A negociación da RPT de funcionarización do persoal de Medio Rural farase despois da do grupo V e será para o mes de xuño.

• E que se está traballando tamén sobre a RPT de Consumo e sobre procesos selectivos das escalas de Consumo con prazas que non están afectadas pola derogación do decreto da OEP de 2022 e non están afectadas pola estabilización.