Novas por contido

Na Comisión de Persoal do 17 de abril aprobouse a RPT de funcionarización do persoal de limpeza e cociña cos votos a favor de CCOO, UGT, abstención da CSIF e o voto en contra da CIG. Aprobarase no Consello da Xunta o xoves 20 de abril, publicarase no DOG do luns 24 de abril e aplicarase o 1 de maio.

O pasado mes de agosto a Xunta modificaba o Decreto 93/1991, do 20 de marzo para crear “ad hoc” o nivel 9 como nivel mínimo para a Agrupación Profesional, que ata entón era o 10.

Polo tanto, a primeira proposta da Xunta para esta RPT foi a adxudicación deste novo e máis baixo nivel a todo o persoal de limpeza e cociña que como laboral non ten recoñecido ningún plus. Ao persoal que tiña recoñecido algún plus de singularidade de posto (especial dedicación, perigosidade, toxicidade ou penosidade) adxudícalle un nivel superior ata o máximo (nivel 14) en función dos pluses recoñecidos.

Dende o primeiro intre, para a CIG esta proposta de rebaixar ao persoal de limpeza e cociña ao nivel 9 foi inaceptable por discriminatoria (créase este nivel expresamente para este persoal cando xa se levou a cabo a funcionarización doutro persoal do mesmo grupo V ao que se lle adxudicou o nivel 10) e sexista (a maioría do persoal destas categorías son mulleres).

A contraproposta da CIG foi que se establecera o nivel 10 como mínimo e atendendo a iso, os complementos de singularidade de posto se abonaran correlativamente a partir dese mínimo.

Na derradeira proposta a Xunta recuou e fixo o correcto, adxudicando como nivel mínimo o 10. Isto supón un pequeno incremento retributivo dunha media de 260 € anuais (estando arredor dos 740 € anuais para o persoal sin ningún complemento e arredor dos 160 € anuais para aquel persoal que ten tres complementos), mais non aplica ningunha diferenza entre o persoal que traballa a quendas e ten recoñecido o plus de especial dedicación e o persoal que non fai quendas.

A CIG foi a única organización sindical que solicitou a rectificación da situación na que queda o persoal que traballa a quendas, propoñendo unha diferenciación no complemento específico tal e como se fixo noutras funcionarizacións ou de xeito similar ao que se lle aplica ao persoal subalterno e administrativo dos centros de ensino, pero a Xunta non acepta.

Tamén quedaron fóra desta RPT reivindicacións importantes para a CIG como a de que todos os postos de media xornada, fins de semana, de 4 e 2 horas, persoal fixo-descontinuo... se reconverteran en postos de xornada completa.

A CIG propuxo unha RPT de funcionarización máis ambiciosa e xusta para o persoal afectado, pero a Xunta, coa connivencia de CCOO e UGT, desbotou as nosas propostas.

Aínda así, nesta negociación grazas á CIG mudáronse cuestións moi lesivas da primeira proposta e acadáronse certas melloras (nivel 10, homoxeneización das retribucións do persoal que realiza as mesmas funcións nun centro de traballo), mais é insuficiente.

Para a CIG é importante todo o persoal e non podemos admitir que traballar a quendas supoña o mesmo que traballar de luns a venres no mesmo horario.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...