Na Mesa Xeral de Empregados Públicos do 05/05/23 obtivemos a seguinte información.

Calendario dos exames: nos vindeiros días publicarán na web de FP o calendario dos 92 procesos selectivos que están convocados e que foron ao Consello da Xunta de onte. As datas son orientativas, os exames nunca van ser antes desa data.

Tribunais procesos selectivos: nos vindeiros dous meses publicarán os tribunais que están pendentes.

Listaxes definitivas de admitidos/as dalgúns dos procesos selectivos cuios exames van ser en xuño-xullo: Sairán tamén nos vindeiros días.

Procesos de estabilización de concurso-oposición e de concurso de méritos:

  • Na semana que vén ou na seguinte informarán de cando van saír as listaxes de admitidos/as.
  • A idea de FP é rematar os procesos de libre o antes posible, logo o concurso de méritos e finalmente o concurso-oposición da lei 20-21.
  • Di Función Pública que teñen que comezar a facer os exames da estabilización da lei 20-21 coa maior prontitude porque son moitos procesos e en decembro de 2024 ten que estar todo rematado.

Concurso de traslados dalgunhas escalas: iranse tramitando paralelamente aos procesos selectivos. FP non se atreve a dicir cales.

PI horizontal (funcionarización) do persoal laboral que obtivo praza nos últimos procesos selectivos: intentarán ter negociadas as bases antes das vacacións de verán, falan de xuño.

PI das últimas OEPs: negociación das convocatorias en setembro.

Previsión do remate dos proceso de auxiliares de enfermería: houbo catro renuncias, polo que o tribunal ten que tirar da lista de aprobados e abrir un novo prazo para presentar a documentación. Agardan que non haxa máis incidencias

Proceso selectivo de gardacostas: pendente da baremación da fase de concurso.

Proceso selectivo de bombeiros forestais: di FP que houbo sobre 400 reclamacións, polo que non pode dar polo de agora un prazo aproximado.

Prazo extraordinario da carreira profesional: valorarán abrir un novo prazo para aquelas persoas que por diferentes motivos non poideron solicitala no período anterior.