A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a varias xuntanzas para o xoves 12/06/25 (Comisión de Persoal, Mesa Xeral e Mesa Sectorial), coas seguintes ordes do día:

Comisión de Persoal

  • Proposta de Acordo para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. Descargar

  • Proposta de modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Cambio ClimáticoDescargar

  • Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos vacantes das escalas sociais (medicina, psicoloxía, pedagoxía, enfermaría, fisioterapia, traballo social, educador/a social, educador/a infantil, terapia ocupacional, educación infantil, gabernante/a, auxiliares de clínica). Descargar (inclúe bases e postos). Descargar

Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as

  • Proposta de convocatoria de proceso selectivo por acceso libre e promoción interna para ingreso nas categorías 14 (bombeiro/a forestal) e 14A (bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V. Descargar

  • Proposta de convocatoria de proceso selectivo por acceso libre e promoción interna para ingreso na categoría 100 do grupo III (xefe/a de brigada)Descargar

Mesa Sectorial de Persoal Funcionario

  • Proposta de convocatoria de proceso selectivo por acceso libre e promoción interna para ingreso na agrupación profesional de recursos naturais e forestaisDescargar

Indicar que a convocatoria e toda a documentación foi enviada aos sindicatos a media mañá do luns 9 de xuño, directamente para as xuntanzas que teremos o xoves 12, sen prazo para presentar alegacións.