A director xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 21 de outubro, para a aprobación dos seguintes puntos:

  • Promoción interna de corpos xerais
    • Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo superior-A1. Descargar
    • Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo de xestión-A2. Descargar
    • Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo administrativo-C1. Descargar
    • Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo auxiliar-C2. Descargar
  • Modificación puntual da RPT por sentenza xudicial que afecta a uns postos da especialidade de Traballo Social. Descargar

As bases da promoción interna de corpos xerais pasou previamente pola Mesa Sectorial do 13/10/25.

Unha vez que pase pola Comisión de Persoal, queda pendente a aprobación no Consello da Xunta e a publicación en DOG.