Novas por contido

As bases das convocatorias de promoción interna separada para corpos xerais (A1, A2, C1 e C2), pasou pola Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario que tivemos o luns 13 de outubro. Para a súa publicación en DOG falta que queden aprobadas nunha futura Comisión de Persoal.

As convocatorias recollen as prazas das OEP dos anos 2022 e 2023. A CIG solicitou a incorporación tamén das da OEP-2024 (18 en A1, 35 en A2, 73 de C1, 170 de C2). Porén, reclamamos que a promoción interna non tivese límite de número de prazas, tendo en conta que estas non consumen tasa de reposición de efectivos.

Respecto dos borradores iniciais destas convocatorias, axustaron un pouco o tema da Lei 7/2023, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galiza, e reduciron o número de preguntas do primeiro exercicio de A1 e A2.

Estas convocatorias son moi similares ás anteriores, pero destaca un importante cambio no corte para superar o primeiro exercicio: pasamos  de 4 por praza sen baixar do 50%, e de non chegar, poder baixar ao 40%, pero naqueles exercicios que tiñan duas partes o corte había que superalo en cada parte; agora, o corte queda en 4 por praza ata o 40% directamente, e aplicado ao conxunto do exercicio, non a cada parte. Esta diferenza facilitará sen dúbida a superación da fase de oposición.

A Xunta está a limitar as escalas que se poden presentar. A CIG defende que sempre, en todos os casos, o persoal funcionario que cumpla cos requisitos de titulación poida moverse de escala por promoción interna vertical dende o subgrupo inferior e horizontal dende outra escala do mesmo subgrupo. A directora de Emprego Público non acepta.

Somos conscientes de que en moitos casos, superar a promoción interna implica cambiar de localidade. Iso é un problema especialmente nas localidades nas que non existen postos abondo. Por iso reclamamos que se articule algún sistema que permita a recualificación do posto ou algún outro sistema que limite os cambios xeográficos.

Queremos algúns axustes na fase de consurcos. Destacamos que pedimos a eliminación da puntuación por grao consolidado, ou que busquen a maneira de evitar que as comisións de servizo pervirtan este mérito pola consolidación do grao que se da nun caso concreto (cando previamente a obter un posto de nivel superior nun concurso, xa se estivo nese nivel en comisión de servizos).

En canto aos exercicios, defendemos a supresión do exercicio de temas en A1, e a proba de informática en C2 (propuxemos que fora substituida por un curso de formación non eliminatorio para todos os corpos, adaptado ás súas necesidades funcionais).

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...