No DOG do 02/12/2025 publican:

- ORDE do 1 de decembro de 2025 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, para o persoal funcionario.

Para acceder ao grao I, o persoal funcionario debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar prestando servizos como persoal funcionario nesta administración en 31 de decembro de 2024 e cunha antigüidade, en calquera Administración, de polo menos cinco anos en 31 de decembro de 2024.

b) Cumprir un dos criterios de avaliación establecidos no artigo 13 en 31 de decembro de 2024.

Para acceder ao grao II o persoal funcionario debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal funcionario nesta administración en 31 de decembro de 2024 e cunha antigüidade, en calquera Administración pública, de polo menos 11 anos en 31 de decembro de 2024.

b) Ter recoñecido o grao I no correspondente grupo ou subgrupo en que solicita o grao II en 31 de decembro de 2023.

c) Cumprir un dos criterios de avaliación establecidos no artigo 16 en 31 de decembro de 2024.

Para acceder ao grao III o persoal funcionario debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal funcionario nesta administración en 31 de decembro de 2024 e cunha antigüidade, en calquera Administración pública, de polo menos 17 anos en 31 de decembro de 2024.

b) Ter recoñecido o grao II no correspondente grupo ou subgrupo en que solicita o grao III en 31 de decembro de 2023.

c) Cumprir un dos criterios de avaliación establecidos no artigo 19 en 31 de decembro de 2024.

O grao extraordinario adquírese no grupo ou subgrupo en que se estea en activo en 31 de decembro de 2024.

- ORDE do 1 de decembro de 2025 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

Para acceder ao grao I, o persoal laboral debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral nesta administración en 31 de decembro de 2024 e cunha antigüidade, en calquera Administración, de polo menos cinco anos en 31 de decembro de 2024.

b) No caso do persoal laboral fixo das epígrafes 2 e 3 do artigo 2, asinar o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización ou da modalidade específica de promoción do persoal laboral que se convoque.

c) Cumprir un dos criterios de avaliación establecidos no artigo 13 en 31 de decembro de 2024.

Para acceder ao grao II o persoal laboral debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral nesta administración a día 31 de decembro de 2024 e cunha antigüidade, en calquera Administración, de polo menos once anos en 31 de decembro de 2024.

b) Ter recoñecido o grao I no correspondente grupo en que solicita o grao II en 31 de decembro de 2023.

c) No caso do persoal laboral fixo das epígrafes 2 e 3 do artigo 2, asinar o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización ou da modalidade específica de promoción do persoal laboral que se convoque.

d) Cumprir algún dos criterios de avaliación establecidos no artigo 16 en 31 de decembro de 2024.

Para acceder ao grao III o persoal laboral debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral nesta administración o día 31 de decembro de 2024 e cunha antigüidade, en calquera Administración, de polo menos dezasete anos 31 de decembro de 2024.

b) Ter recoñecido o grao II no correspondente grupo en que solicita o grao III en 31 de decembro de 2023.

c) No caso do persoal laboral fixo das epígrafes 2 e 3 do artigo 2, asinar o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización ou da modalidade específica de promoción do persoal laboral que se convoque.

d) Cumprir algún dos criterios de avaliación establecidos no artigo 19 en 31 de decembro de 2024.

Os empregados públicos poderán acceder ao formulario de solicitude a través do portal web da función pública desde a sección <Funcionarización e carreira profesional> https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional ou no enderezo http://fides.xunta.gal

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e estará aberto ata o 30 de decembro de 2025, excepto o previsto no artigo 7.