Novas por contido

A carreira extraordinaria que se iniciou no 2019, e que nos venderon que era para que a xente que tiña xa certa antigüidade non tivera que comezar de cero a través da ordinaria, parece máis ben un maratón.

Imos facer 7 anos coa carreira e a día de hoxe aínda estamos cobrando só o grao II. Si o obxectivo da carreira extraordinaria era colocarnos a cada un no grao de carreira que nos correspondería por tempo traballado, ao final xa podes ter 18 ou 40 anos traballados que aínda vas acceder agora ao grao III.

Non imos reiterar aquí as alegacións que fixemos en innumerábeis ocasións. Só imos destacar que noutras e nesta mesma administración (SERGAS, docentes), o modelo é bastante máis aceptable. Que seguen existindo unhas barreiras (prestar servizos nunha data determinada, prazos abertos en determinados períodos que se pechan durante varios anos) que impiden que o persoal poida acceder á carreira cando cumpra os requisitos.

Tampouco se albisca cando se vai poder acceder á seguinte convocatoria. Se ben nos contan que vai haber convocatorias extraordinarias no 2026, 2027 e 2028 para os que agora non cumpran os requisitos, as persoas que agora accedan a un novo grao terán que esperar polo menos ata o 2028 para acceder ao seguinte.

E vai depender de como se interprete a disposición do decreto de carreira ordinaria onde se contemplan esas convocatorias extraordinarias das que non sabemos nin que requisitos nin que criterios avaliables van ter.

En definitiva, que se establece un sistema que de extraordinario nada ten e que dificulta que moitas persoas poidan acceder, no momento que lles correspondería, ao recoñecemento da súa progresión profesional.

 

Ultimas novidades que aportan na Comisión de Persoal


Novas porcentaxes anuais:

  • 2025: 35%
  • 2026: 70%
  • 2027: 100%
  • Segundo indica a DXEP, o devengado no 2025 cobrarase nalgúns casos na nómina complementaria de decembro que se ingresará en xaneiro de 2026 (irá por lotes porque non lles da tempo a que entre todo o persoal que o solicite).
  • O prazo de solicitudes vai ser do 3 ao 30 de decembro.
  • Aceptan meter ao persoal funcionario da administración xeral que realice funcións de docencia ou investigación (que agora estaba excluído).
  • Continúa a chantaxe da funcionarización para o persoal laboral fixo.

A carreira extraordinaria para persoal funcionario quedou aprobada co voto en contra de CIG, e a favor de CCOO, UGT e CSIF. A carreira extraordinaria para o persoal laboral (complemento de desempeño) quedou aprobada co voto en contra de CIG e CSIF e a favor de CCOO, UGT.

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...