No DOG do 15/04/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024 pola que se convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais para o persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra.

A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.