Dende a CIG-Autonómica instamos á Consellaría de Presidencia e a Función Pública a que faga efectivos todos aqueles acordos asinados durante o ano 2008 e que están aínda sen executar.
Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo. O Acordo foi asinado o mércores 25 de xuño coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e o conselleiro de Facenda e Administración Pública.
Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza (PNIAG), no que atinxe ás condicións laborais dos seu persoal, permaneceu nunha densa néboa a través da cal a ...
O persoal non docente nos centros de ensino ve incrementada de novo a súa carga de traballo sen contraprestacións. No marco do acordo de colaboración entre a Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración, ofértanse as accións formativas do Plan Formativo para o emprego (cursos AFD).Na Orde do 1 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego ...
Xornada técnica de incendios organizada pola CIG-Autonómica de Lugo, in memoriam de Quique Casanova, prezado compañeiro falecido nun incendio forestal.
A xornada terá lugar o xoves 26 de xuño de 2025 no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. Dará comezo ás 9.30 h, e a súa clausura está prevista para as 14.30 h. O aforo é libre, previa inscrición no enderezo secorganizacionlugo@galizacig.gal.
O programa contará con relatorios que tratarán de preto a extinción de incendios ...
A CIG-Autonómica denuncia que un ano máis comezada a campaña de alto risco de incendios forestais seguimos sen ter unha xestión de persoal planificada e ordenada e destaca deficiencias no estado nas bases e no sistema de traballo dentro dos incendios forestais.
No 2024, o Presidente da Xunta repetía a xustificación ante os incendios forestais do comezo do verán afirmando que “hai unha grande intencionalidade detrás dos lumes”. En 20 anos pasamos de atender máis de 10.000 incendios de ...
Dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) erguemos a voz unha vez máis para denunciar a situación crítica do Centro de Maiores de Taboadela, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a "actitude irresponsable e despilfarradora" da Xunta de Galiza.
A Administración Autonómica mantén a persoal na casa cobrando sen traballar, mentres que nas instalacións urxe a presenza de máis efectivos para atender as necesidades dos residentes, especialmente na quenda de noite. É ...
Denunciamos o maltrato institucional a persoas anciás e crianzas e o incumprimento da normativa en Prevención de Riscos Laborais para o persoal traballador
Moitas das escolas infantís da rede Galiña Azul e os Centros de Atención a Persoas Maiores (CAPM) xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar carecen de sistemas de climatización.
Estes días de vaga de calor as temperaturas alcanzadas na maioría destes centros están preto dunha media os 30° á sombra no ...
Estimase a demanda interposta ante a Tesoureiría da Seguridade Social e a Xunta de Galiza condenando a certificar as bonificacións que correspondan na aplicación dos coeficientes redutores de xubilación previstos no Real Decreto 383/2008 do 14 de marzo que establece os coeficientes redutores da idade de xubilación dos/as bombeiros/as ao servizo da administración e organismos públicos Xa dende fai anos a loita da CIG en prol de acadar a categoría bombeiro forestal, foi un claro obxectivo, ...
Fartas xa desta Adminstración Pública que mingunea ao persoal que traballa nas cociñas de xestión da Xunta de Galiza e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á movilización que terá lugar o vindeiro día luns 30 de xuño ás 11 horas que partirá dende diante da Consellaría de Educación nos edificios administrativos de San Caetano, rúa Otero Pedraio, Compostela.
A CIG continúa coas súas actuacións encadradas na campaña «POR UNHA EGAP TRANSPARENTE E EN GALEGO», pola que denuncia a situación crítica da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), despois de anos dunha xestión opaca, desgaleguizadora e que ignora as necesidades de actualización permanente de todo o persoal pertencente á Administración Xeral da Xunta de Galiza e entes instrumentais.
O sindicato CIG, na súa condición de organización máis representativa das persoas traballadoras do ...
Antes de comezar queremos salientar que gran parte dos males e agravios que se derivan desta modificación da RPT son froito dunha xestión nefasta por parte da consellería e da DXEP, que tal e como se lles indicou NON TIÑAN QUE TER RETIRADO OS POSTOS DO CONCURSO DE TRASLADOS.
Lembramos que se lles fixo notar que en último caso se podía prorrogar en 15 días o prazo para a elección de postos do concurso (despois de ter esperado un ano), e se non daba tempo, os postos poderían figurar no ...
Despois da denuncia por presunta agresión sexual do conselleiro Alfonso Villares, descubrimos varias cousas.
A primeira é que o seu homónimo, Alfonso Rueda, sabía dende hai meses da existencia da denuncia sobre o seu home de confianza.
A segunda, que o presidente de todas as galegas prefire darlle unha aperta a un presunto agresor (os tribunais determinarán se o é ou non) á vista de todo o mundo, antes que solidarizarse, aínda que fose dun xeito xeral, coas vítimas de agresión ...
Dende a CIG-Autonómica instamos á Consellaría de Presidencia e a Función Pública a que faga efectivos todos aqueles acordos asinados durante o ano 2008 e que están aínda sen executar.