Mércores, 27 Novembro 2019No DOG do 27/11/2019 publican a Resolución pola que convocan o concurso ordinario de traslados do persoal funcionario de corpos xerais.
O prazo de presentación de solicitude é dende o seguinte á publicación e ata o día 19 de decembro incluído. Tanto a solicitude como a xustificación de méritos e impreso de emenda deberá realizarse electrónicamente. Na solicitude inicial non se escollen as prazas.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicarán no DOG o listado de ...
Xoves, 21 Novembro 2019A Lei Xeral da Seguridade Social, no seu art. 215.2 e na disposición transitoria 10ª establece os requisitos para o acceso do persoal laboral á xubilación parcial anticipada. Un destes requisitos é a necesaria celebración dun contrato de remuda cunha persoa desempregada para a substitución pola porcentaxe de traballo suxeita á xubilación.
A Xunta de Galiza, por boca do director xeral da Función Pública, veu manifestando a súa disposición para efectivizar o contrato de remuda para facilitar ...
Xoves, 21 Novembro 2019O goberno do PP presenta, un ano mais, e xa van 8, a suspensión do art. 19.1 do convenio colectivo nunha das disposicións adicionais da lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2020. Esta nova prórroga da suspensión significa que continuaremos sen o descanso mínimo semanal de dous días ininterrompidos aos que haberá que engadir o descanso de 12 horas entre xornadas de traballo. Esta prórroga da suspensión súmase á da 2º parte do art. 19, descanso adicional do 75 por ...
Martes, 19 Novembro 2019O martes 19 de outubro aprobouse na Comision de Persoal a RPT da Consellería de Cultura e Turismo que para nós é raquítica, insuficiente, profundiza na destrucción de emprego e consolida a externalización de servizos.
Para a CIG é especialmente grave que a Xunta non acepte as propostas da central sindical en materia de dotacion de persoal arqueólogo propio que leve os expedientes de patrimonio para rematar, deste xeito, coa encomenda a TRAGSATEC, porque é unha externalización de traballo ...
Martes, 19 Novembro 2019Din que afiliarse a un sindicato non está ben visto polos que mandan. Non é cuestión moderna. O moderno é que as relacións laborais sexan de tipo individual e non colectivo. Neste escenario, o poder establecido gaña. A clase traballadora, organizada e defendida é un perigo para os intereses da patronal, tamén no sector público. Só consenten o sindicalismo entregado ao sistema, que pacta renunciando ou vendendo os dereitos conquistados. Os gobernos e a patronal necesitan dun sindicalismo ...
Mércores, 13 Novembro 2019A CIG obrigou a conselleira a dar explicacións no Parlamento galego
A conselleira de Política Social fixo o martes 12 caso omiso das advertencias a respecto da problemática laboral que repercute negativamente na calidade asistencial dos centros da súa competencia, entre eles os de maiores e os de menores. A comparecencia de Fabiola García produciuse a petición dos grupos parlamentarios da oposición, aos que a CIG-Autonómica lles trasladou a situación real dos cadros de persoal e da ...
Xoves, 07 Novembro 2019Dende a CIG Autonómica queremos denunciar a mala calidade da alimentación e intoxicacións continuadas que se están a dar nas escolas infantís do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar da Xunta de Galiza. Coa nova intoxicación que se produce na Galiña azul de Carral volve a evidenciarse o risco que sofren os nosos pequenos polos “servizos de catering” en vez de cociñas própias.
Estas casos de intoxicacións estan a ser moi numerosos e xa denunciamos e que aconteceron a semana ...
Domingo, 03 Novembro 2019
O venres 31 de outubro veñen de rematar os procesos electorais aos comités de empresa da distintas consellerías da Xunta que comezaron en decembro de 2018 na Consellaría de Facenda e no comité de empresa de Servizos Centrais, e remataron o venres coas eleccións aos comités de empresa de Economía, Emprego e Industria.
Os resultados en número de delegados/as tanto en persoal funcionario como en persoal laboral son:
Venres, 25 Outubro 2019
O 24 de outubro tiveron lugar as eleccións sindicais aos comités de empresa de persoal laboral da consellería de Política Social, no que desta vez se elixían catro comités que suman 94 delegadas e delegados.
Cun ámbito de máis de 6.000 persoas traballadoras e unha grande participación, o número de votos para a a CIG foi o maior, o que avala o noso traballo de defensa dos dereitos das persoas empregadas públicas e o rexeitamento dos acordos lesivos asinados por outros sindicatos.
A CIG ...
Martes, 22 Outubro 2019Un ano tras outro algunhas directivas de centros de ensino poñen dos nervos a compañeiras e compañeiros que se ven sometidos a caprichos, chantaxes ou caramelos para que abran o centro e atendan oposicións de docentes, cursos de CEFORE, probas de CELGA, xornadas da consellaría de traballo e xornadas de votacións políticas.
Atopámonos moitas veces estas preguntas de “se teño a obriga de atendelos, porque me dí o dire que o teño que facer por ser no centro onde traballo…”.
Pois non, non tes ...