Novas por contido

Se María José Bravo, delegada territorial da Xunta en Vigo, o chega a saber antes, non acepta o posto. Seica os empregados públicos do seu territorio semos perigosos.

Afirma a delegada territorial que os que onte decidimos pasar a noite no noso centro de traballo raiamos os ascensores e empurramos aos traballadores de seguridade

Postos a dicir chorradas, podía acusarnos de ouriñar nas esquinas, de tirar papeis ao chan, de pegar chicles debaixo das cadeiras, de meternos o dedo no nariz e tirarlle un moco ao de diante. 

Señora delegada territorial, axude a reducir o gasto público dimitindo.

 

http://autonomica.cigadmon.gal

(accesíbel dende a intranet da Xunta)

Chegan os/as de Vigo

SEMOS PERIGOSOS !!

 

Se María José Bravo, delegada territorial da Xunta en Vigo, o chega a saber antes, non acepta o posto. Seica os empregados públicos do seu territorio semos perigosos.

 

Afirma a delegada territorial que os que onte decidimos pasar a noite no noso centro de traballo raiamos os ascensores e empurramos aos traballadores de seguridade.

 

Postos a dicir chorradas, podía acusarnos de ouriñar nas esquinas, de tirar papeis ao chan, de pegar chicles debaixo das cadeiras, de meternos o dedo no nariz e tirarlle un moco ao de diante.

 

Señora delegada territorial, axude a reducir o gasto público dimitindo.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...