Novas por contido

A Administración comunicounos oficialmente a suspensión do pacto (DOG 17/01/2002) do que deriva a subvención do transporte urbano e interurbano para o persoal dos servizos centrais a partir do vindeiro 1 de abril. Esta suspensión enmárcase dentro da campaña de recortes actuais ao empregado público, se ben non aparece específicamente recollida como acción social que se eliminará na, recentemente entrada en vigor, Lei de medidas no emprego público

O subdirector de Servizos Comúns mantivo  o 8 de marzo unha xuntanza informativa coa Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos centrais para informar sobre este e outros temas, incluídas vairas cuestións dos problemas de aparcadoiro.

Transporte interurbano

A  Administración fixo xa contactos coas diferentes empresas que xestionan as rutas actuais para garantir os seu funcionamento coas mesmas condicións vixentes na actualidade(*): rutas, horarios, flexibilidade, devolución de bonos en período de vacacións e baixas, etc. O único que variaría sería a supresión da subvención do 40% do prezo actual dos bonos mensuais. Para coñecer o prezo no que quedaría o teu bono simplemente tes que multiplicar o prezo actual por 1,67

(*) A liña de Lalín-Silleda-Santiago fusionaríase coa actual de Ourense.

Deses contactos os máis avanzados son os de Monbus cuxo bono mensual para empregados públicos representa un 12% de aforro repecto ao bono mensual estándar. Freire, sen embargo, non ofrece un maior desconto que para o público en xeral (50% sobre o prezo do billete). Algo que ten lóxica dado que de Lugo a Compostela non hai competencia co tren.

A pesar de que nas condicións de descontos as empresas actuais non se mostran flexibles para compensar en maior ou menor medida a supresión da subvención da Administración, pódese chegar a algún acordo na redución dos días de baixa para a devolución dos bonos; actualmente só se devolvían os bonos durante períodos de baixa superiores aso 15 días.

Por outra banda, como novidade preténdese implantar unha comisión de seguimento de cada liña na que estaría presente 1 representante da liña concesionaria, 1 representante dos usuarios desa liña e máis 1 representatne da Administración. Ademais, como usuarios destas liñas poden ser calquera persoal da Administración autonómica, independentemente de que traballle ou non en servizos centrais.

A Administración ofrécese a manter a infraestrutura da xestión dos bonos e o resto de condicións preferentes vixentes na actualidade, establecidas a través de convenios coas empresas de transporte de liña regular a través da modalidade de reserva de prazas. Tamén deixa aberta a posibilidade de que en determinadas liñas sexan as persoas afectadas as que se organicen a través doutras empresas alternativas.

Consideran que as compañías actuais son as que mellores descontos ofrecen pero fican abertos tamén para realizar convenios con outras empresas pero comentan que o límite está establecido polas concesións administrativas das rutas regulares. Non contemplan a posibilidade de asinar convenios de transporte discrecional xa que resulta menos flexible nas condicións.

Achéganos o modelo de convenio para presentar alegacións no prazo dunha semana.  Descargar convenio.


Transporte urbano

Neste caso, a supresión da subvención (40% sobre o prezo do bono normal) implicaría a supresión de toda xestión por parte da Administraicón. A xestión sería integramente realizada pola empresa concesionaria das liñas de transporte urbano en Santiago de Compostela (Tralusa). As persoas titulares terían que recargar o bono normal no propio autobus e pagarían o mesmo prezo por recarga que as tarxetas non nominais (0,60 € /viaxe).

Neste caso, ademais, os bonos actuais non caducarán e a pesar de que non se repartirán novos a partir do 1 de abril, poderán seguir utilizándose ata que se rematen. Cómpre aclarar tamén que os bonos normais tampouco caducan.

Pedíuselle a Administración que comprobe con Tralusa a compatibilidade da tarxeta actual de empregado público para a recarga de bonos normais, así como a posibilidade de facer trasbordo gratuito, que permiten estes bonos. Convén recordar que o trasbordo gratuíto é non era posible coas tarxetas de dempregado público acutal.

Insistíuselle que de non ser posible se garantise a posibilidade de canxear as tarxetas actuais por as de do público xeral sen que isto supuxera ter que aboar unha nova fianza pola nova tarxeta.


Aparcadoiros e outros

A Administración asegurou que o aparcadoiro subterráneo de debaixo da estación de autobuses non entra dentro da consideración de “acción social” e seguirá tendo un coste 0 para os traballadores. Informóusenos de que o 78% das prazas deste aparcadoiro son propiedade da Xunta e que polo tanto non supoñen máis gasto que os derivados dos gastos comúns dunha propiedade.

Con relación ao funcionamento deste aparcadoiro coméntaselle as queixas de varios usuarios sobre o incrumprimento das normas de uso. A Administración falará coa empresasa xestora do aparcadoiro para que aumente a vixilancia e pide que lle recordemos aos usuarios que o incumprimento destas normas poden dar lugar á desactivación da tarxeta.

Con relación ás novas posibilidades de aparcadoiro, xa está solicitado o informe á Dirección Xeral de Interior para liberar 50-60 prazas de aparcadoiro diante do edificio de San Caetano (zona próxima á capela). Despois dese informe haberá que facer a solicitude ao concello para que as abra definitivamente. Non comentou nada sobre que o concello reserve esa zona como zona verde de uso veciñal.

Alternativamente están facéndose xestións con Tussa (empresa pública concesionaria) para ofertar prazas no aparcadoiro de borde de Salgueiriños a un prezo preferente para os empregados públicos da Xunta de Galiza. Este aparcadoiro está situado nuns terreos que son unha concesión da Administración autonómica ao concello de Santiago de Compostela.

Actualmente o prezo por aparcar diariamente é de 1,5€ ofrecendo Tussa 1,20€ ou ben un bono mensual de 22€. Conscientes de que está debe ser unha opción puntual para días nos que non se atope aparcamento polos arredores, estase a traballar nunha mellor oferta polo aparcamento diario tendo como obxectivo 0,75€ /día.

Noutro orde de cousas, a Administración confirma que non hai intención de suprimir os bonos de 1,20 € da cafetería.

Por último, se nos informa de que a disposición dos traballadores públicos existen varias bicicletas con casco e chaleco nos garaxes de San Caetano para pequenos desprazamentos polos arredores. Máis información na Oficina Técnica.


Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...