Novas por contido

Ademais do que estaba na orde do día, a CIG preguntou por unha serie de temas, que coma sempre seguen no aire e algúns dos cales deu pé a unha xuntanza o vindeiro 26 de marzo no despacho do director xeral.

No caso do Decreto de permisos e máis do da flexibilidade horaria levamos moito tempo sen saber nada. O director xeral de Función Pública (FP) di que está practicamente rematado. Van regular tamén a redución voluntaria da xornada. En vindeiros días achegan borrador. En canto ao teletraballo e programa cronos, van convocar xuntanza.

No caso dos concursos demandamos axilidade e información. Denunciamos algún caso como o dos arquitectos técnicos que levan tres oposicións dando destino provisional. O director xeral de FP di que a semana vindeira irá ao intercentros o de laborais. O de persoal veterinario está para rematar e logo irán os demais (especiais e xeral). Consolidación: para abril dirannos algo.

RPT Consello Galego Relacións Laborais

Manifestamos a nosa sorpresa co anuncio de Feijóo no Parlamento de unir este organismo co Consello Económico e Social.

Observamos que o negociado de habilitación perde o complemento de dispoñibilidade horaria, cousa que non lle ocorre á sección. Xa que logo manifestamos que supoñemos que a partir de agora non se lle pedirá ao negociado que cumpra mais xornada ou faga nóminas.

Indicamos que o posto de Secretario/a do/a Presidente/a, C1/C2, ten requisito de iniciación de galego, e entendemos que debe ser perfeccionamento.


RPT APLU

Non estamos conformes con que as xefaturas de servizo sexan postos de LD. Tampouco nos gusta que eses mesmos postos sexan abertos a corpos xerais, pois son postos que polas súas tarefas deben ser da escala de urbanismo, xunto con que estariamos a eliminar as poucas posibilidades de promoción á escala de urbanismo.

Facemos fincapé na necesidade de que os técnicos que teñen que realizar inspeccións e informes sobre temas tan sensíbeis como o respecto á normativa urbanística non dependan no seu nomeamento da discrecionalidade da designación mediante a figura da libre designación.

CCOO e UGT tamén está en contra da apertura dos servizos a corpos xerais. Por contra o CSIF defende a apertura.

A representante da APLU asegura que a apertura dos servizos vén motivada a que non dispoñen de inspectores abondos para cubrir os postos.

Prolongación do servizo activo

A CIG non está conforme coa prórroga da xubilación. En todo caso non nos gusta a discrecionalidade que se reserva Función Pública para decidir en cada caso a prórroga ou a denegación segundo lles interese. Non hai criterios obxectivos. Queremos limitar a discrecionalidade e que os órganos de representación teñan algún tipo de participación.

CCOO pide a retirada do punto da orde do día e non entra a valorar a proposta. UGT non queren a prórroga e non fan alegacións. CSIF din que queren as mesmas normas que teñen os estatutarios.

Varios

Comunícasenos a denuncia dun opositor contra o presidente do tribunal do A2 informatica que supostamente deu información do exame días antes nunhas charlas en delegacións provinciais. O DXFP din que nos achegarán o informe do presidente e posteriormente poderemos achegar alegacións.


Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convoctoria de promoción interna ao corpo superior-A1 Convocatoria de promoción...