Novas por contido

Infórmanos Función Pública que o vindeiro luns, 25 de xuño, publicaranse no DOG as ordes de apertura dos prazos posesorios do persoal laboral grupo V que:

  • Elexiu destino definitivo tras a superación dos procesos selectivos derivados da oferta de emprego público do ano 2005.

  • Se lle adxudicou un posto no concurso de traslados do grupo V (tanto na primeira fase como na primeira fase de resultas).

Nesta orde indícase que queda aprazada a toma de posesión para aquelas categorías  adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) por necesidades do servizo. Xa que logo, a resolución da 2ª fase das resultas terá que agardar tamén até despois do verán.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...