Novas por contido

Tal e como adiantábamos, no DOG do 25/06/2012 publícanse a ordes de apertura dos prazos posesorios para o persoal laboral que se lle adxudicou un posto no concurso de traslados do grupo V (tanto na primeira fase como na primeira fase de resultas), así como as ordes de adxudicación de destino definitivo do persoal que superou os procesos selectivos derivados da oferta de emprego público do ano 2005:

Entre as prazas adxudicadas no concurso atópanse 129 postos adscritos ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais das categorías 10B (vixilante fixo), 10 C (emisorista), 14 (peón) e 14A (peón condutor). Dado a declaración como época de perigo alto de incendios forestais entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, a Consellería do Medio Rural e do Mar solicitou o aprazamento da toma de posesión destas categorías.


Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...