Novas por contido

O vernes, 29 de xuño, tivo lugar unha Mesa Xeral Extraordinaria na que ía como punto único da orde do día:

  • A proposta modificación da RPT da Conselleria do Medio Rural e do Mar relativa ao persoal laboral dependente do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

Deixan de crear 302 postos dos previstos no Plan prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2012, o que supón un 41% menos respecto ao ano 2011. Pola contra, obsérvase que se abre camiño o "negocio do lume", no que gañan terreo con forza empresas como TRAGSA, que está previsto que achegue 1100 traballadores para campaña de verán, e Natutecnia, que se leva a xestión das brigadas Helitransportadas.

Desde a CIG entendemos o SPDCIF coma un servizo público en todo o seu contexto, onde para iso a propia Administración debera establecer os mecanismos para conquerir os obxectivos previstos nas materias de prevención e extinción de incendios forestais

Os obxectivos fóronse conquerindo desde a creación do Pladiga ata chegar fai uns cantos anos cando comenzou a mudar o xeito de traballar sobor de todo coa extinción de incendios forestais coa creación de SEAGA e a continuación coa entrada de empresas privadas como Natutecnia con persoal propio.

O desmantelamento do servizo público de incendios chegou no ano 2012 a cotas de atoparnos con unha modificación da RPT na que pretenden crear 436 postos de traballo para a época estival, ao que a CIG non comparte polo feito de non cubrir con ese número de contratacións directas o alto risco de incendios forestais. Deixan por crear uns 302 postos, equivalente a unha disminución do 41% de persoal, polo que solicitamos que se aumenten os postos a crear por RPT nos citados 302, correspondente as contratacións directas reflectidas no Pladiga 2012.

A CIGesixe a desaparición do operativo de extinción de empresas privadas como é Natutecnia, que levarán o control das bases helitransportadas e as cuadrillas destas, asi como Tragsa que está previsto que entre en escena a mediados do mes de xullo con arredor de 1.100 traballadores/as, sen esquecernos de SEAGA, por suposto. Por outro lado, solicitamos a cobertura definitiva destes postos a crear dacordo co establecido no V Convenio colectio único do persoal laboral da Xunta de Galiza (concurso – oposición).

Na negociación que mantivemos coa propia conselleria botamos de menos a responsábeis do departamento de Medio rural e Montes para debater sobor dos postos non creados e que consideramos necesarios para unha mellor operatividade do equipo de extinción.

Expresamos ademáis o noso rexeitamento á que a proposta de modificación da RPT, co informe favorable de Función Pública, conleve diferenzas á hora das incorporacións do persoal. Nos atopamos  con traballadores de primeira e segunda división polo feito que as citadas incorporacións teñen previsto facelas de xeito individualizado por posto de traballo, é decir, un días realizan unhas cantas contratacións e a semana vindeira fan outras. Para un bó funcionamento do servizo público de extinción de incendios forestais, tódalas contratacións deberían realizarse na mesma data, desta maneira non existiría ningún prexuizo para ningún aspirante.

Confirmou a representación da conselleria, que o Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández – Couto Juanas vai convocar ás organizacións sindicais para detallarnos as contratacións a realizar polo Pladiga 2012, ao que de momento a CIG non recibiu convocatoria.

Ao remate da xuntanza o DXFP adiantou que para o martes, 3 de xullo, haberá Comisión de Persoal Extraordinaria para votar  a dita  proposta de creación dos 436 postos de traballo na RPT.

 

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...