Novas por contido

O xoves, 28 de xuño, tivo lugar unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do edificio administrativo de Pontevedra, no que se trataron, entre outros, os seguintes temas:

  • Medidas correctoras no sistema de climatización do edificio

  • Portas RF das plantas do garaxe

  • Esbaróns dalgunhas zonas do pavimento do edificio

 

Medidas correctoras no sistema de climatización do edificio

O Presidente do Comité comeza por explicar a solución que se vai a adoptar de xeito experimental. Así, a partir da 4ª planta ata a 9ª, vaise instalar un sistema auxiliar de humidificación (mediante vapor de auga), ata acadar un grao de humidade entre o 40% e o 60%, e á vista dos resultados que se logren instalalo nas plantas restantes.

Por parte da representante da CIG faise a advertencia do perigo que pode supor este sistema de vaporización da auga por un posible brote da bacteria da legionella, ao que o xefe do Servizo de Obras responde que todo o sistema está baixo control, mesmo a auga dos alxibes, e que a propia consellería de Sanidade supervisa e fai os controis.

A pesar de todo, expoñemos que sigue habendo moitas queixas por parte do persoal que traballa no edificio, en concreto estes días, polo persoal do Rexistro, que se queixa da excesiva calor. O xefe do Servizo de Obras resposta que volve a haber unha avaría no sistema de calor, e que está en fase de arranxo. Pola CIG solicitamos que, cada vez que haxa avarías concretas e que poidan incidir en zonas determinadas do edificio, se avise ao persoal para que polo menos, saiban que é un problema “puntual” do que se ten coñecemento e que a Administración pon todos os medios en arranxalo de forma máis ou menos rápida.

A CIG tamén traslada as queixas do persoal cando se producen os cambios bruscos de temperatura, por exemplo, cando entran en funcionamento os chorros de aire frío, polas molestias que causan. O xefe do Servizo de Obras aconsella que, cando pasen estes problemas, se chame SEMPRE ao servizo de mantemento, para que eles tamén poidan levar un control detallado dos fallos que presenta o sistema. O xefe do Servizo de Prevención tamén nos dí que cando se eleve o grao de humidade, se notarán menos estes cambios tan bruscos na temperatura.

A CIG tamén pregunta pola opción que se barallou na reunión do Comité anterior, de pedir presupostos para a colocación de dobles estores ou de vinilos exteriores. Por parte da Administración, o xefe do Servizo de Obras expón, á vista de distintos presupostos que presenta, que se adoptará a solución máis viable, tanto funcional como economicamente, xa que reforzar os actuais estores tería un custo de 72.000 € (180 ventás da zona sur), e a instalación duns vinilos interiores (por dentro das ventás) uns 40.000 €, aínda que recoñece que os verdadeiramente eficaces son os que se colocan polo exterior das ventás, pero descártase esta opción polo custo elevado e pola escasa durabilidade.


Portas RF dos andares do garaxe

Despois de reiteradas queixas por parte dos representantes sindicais, por fin conseguimos que por parte do Servizo de Prevención se revisaran todas as portas RF do garaxe, para ver as que incumpren a normativa UNE, no que respecta ao parámetro de estanquidade. O resultado foi que se detectaron tres portas en total, nas plantas -1 e -3, que non cumpren dita normativa, xa que foron instaladas modificando as condicións de montaxe do fabricante. A solución que se da é que haberá que ou poñer unhas novas (736 € cada unha), ou ben contactar co fabricante e intentar desmontalas e montalas ben, co cal xa, seguramente, non cumprirían a norma UNE; ou ben se pedirán responsabilidades ao arquitecto que recepcionou a obra.

Esbaróns nalgunhas zonas do pavimento do edificio

O xefe do Servizo de Obras adianta o orzamento que supón aplicar o líquido anti-esbaróns, 9.000 €, que hai que aplicar cada catro anos para que sexa efectivo, cuxo prazo de aplicación anterior acaba de rematar, co cal están en negociación coa empresa de limpeza para ver si aplicándoo o propio persoal da empresa sae máis económico.

Suxestións e preguntas

A CIG solicita que por parte da xefatura territorial de Presidencia, ou polo propio Servizo de Prevención, se lle envíe unha circular A TODAS AS UNIDADES DE PERSOAL co protocolo de actuación en caso de accidente laboral, pois aínda hoxe en día se dan casos nos que os empregados/as non saben a onde teñen que acudir, polo que debería dárselle a maior difusión posible entre todos os traballadores/as.

O xefe do Servizo de Prevención comprométese a enviar de novo o protocolo que está elaborado, á xefatura territorial, para que dende alí, se faga chegar a todas as xefaturas territoriais.

A CIG denuncia que seguen sen recoller os cables dos equipos informáticos e dos teléfonos, co conseguinte perigo que supón. O presidente do Comité dí que hai que dar parte á empresa de mantemento, que nestes momentos é a responsable desa actuación, pero que vai dar aviso ao persoal de AMTEGA, para que, unha vez que entre en funcionamento esa Axencia, sexa o seu persoal o que realice esta tarefa.  

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...