Novas por contido

Seguen abrindo a porta de atrás: integración do persoal da Fundación Galicia Emigración e Fundación Axencia Humanitaria de Galicia

Desde a CIG, a única central sindical que se opuxo á LOFAXGA e ao decreto de integración, xa advertimos que estas normas pretendían deixar aberta unha porta de atrás especialmente nos casos dos entes que máis distantes están do Dereito Administrativo ou que se rexen polo Dereito privado: as fundacións e as empresas públicas.

O Decreto de Integración, despois de ser considerado polo Consello Consultivo “contrario ao ordenamento xurídico” establecía a posibilidade de que cumprindo coa laxa Lei 10/1996, do 5 de novembro que simplemente invocaba os principios de acceso a eses entes, ou coa normativa anterior (inexistente) e tendo unha relación laboral fixa con ese ente, se estaba en condicións de integrarse na Administración Pública.

Pero agora, nun acto de prepotencia, nos presentan unha ordes de integración do persoal da fundación Galicia Emigración e da fundación Axencia Humanitaria de Galicia que nin sequera plasman o establecido nas súas propias normas. Para poder acceder á condición de empregado público (neste caso de persoal laboral fixo da Xunta), basta con ser persoal laboral fixo dunha desas fundacións, e sobra o ter feito un proceso selectivo co requisito de publicidade e por suposto de igualdade, mérito e capacidade.

E a maiores negan a posibilidade de que a parte social, por medio dunha comisión, poida comprobar que quen accede á Administración o faga acreditando que se cumpren os requisitos do decreto de integración, xa postos na picota polo máximo órgano consultivo da Comunidade.

E mentres tanto os empregados públicos/as teremos que pasar polo xugo de anos sen procesos selectivos, promocións internas ou concursos de traslados, con amortización de postos de traballo, sen chamamentos de persoal termporal ou interino para a cobertura dos postos vacantes, ao albur de decisións políticas que plasmen a idea do FAES de reducir a Administración. Todo isto mentres a Administración da Xunta segue medrando con asesores, persoal de gabinete e unha porta de atrás aberta.

Descargar o rascuño de orde de integración do persoal da Fundación Galicia Emigración

Descargar o rascuño de orde de integración do persoal da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...