Novas por contido

No BOE do 21/11/2012 foi publicada a Lei que regulamenta as taxas aplicables no ámbito da Administración de Xustiza. As ditas tasas supoñen un atranco para recurrir á xustiza nun mundo cada vez máis inxusto para as persoas que teñen menos recursos.

A dita lei é un dos proxectos estrela do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, non sabemos si co obxectivo simplemente de recadar, de desatascar os xulgados ou, simple e sinxelamente, de convertir a Xustiza nun ben de luxo, só ao alcance das grandes fortunas, reducindo así a igualde ante a Lei e o dereito á tutela xudicial efectiva a meras declaracións baleiras de contido efectivo, ao igual que a maior parte dos dereitos amparados en teoría pola Constitución de 1978.

Ao dereito ao traballo, a unha vivenda digna, á saúde e á educación, vén agora a engadirse o dereito á xustiza, que se convirte así noutra peza sacrificial máis no altar do rescate ao sistema financieiro, acrecentando á lista de antigas conquistas das maiorías sociais asumidas polos sistemas políticos occidentais desde o final da II Guerra Mundial e que agora están en cuestión.

Por outro lado, dado que os empregados públicos temos que resolver unha boa parte dos desacordos coa Administración nos xulgados, sexa na vía do Contencioso-administrativo (persoal funcionario) ou na vía do Social (o persoal laboral), esta reforma introduce unha modificación profundamente inxusta, e mesmo discriminatoria, no sistema de defensa dos nosos dereitos laborais ao facer pender sobre o seu exercizo a ameaza dun custe sobreengadido que pode facer mesmo inasumible por parte dos traballadores e traballadoras calquera acción legal.

O incremento respecto das tasas anteriores non ten precedentes, como se pode apreciar na seguinte relación:

VÍA DO CONTENCIOSO- ADMINISTRATIVO
Abreviado: De 129 a 200 euros
Ordinario: De 210 a 350 euros
Apelación: De 300 a 800 euros
Casación: de 600 a 1.200 euros

VÍA DO SOCIAL
Suplicación: De 0 a 500 euros
Casación: De 0 a 750 euros

VÍA DO CIVIL
Verbal e cambiario: De 90 a 160 euros
Ordinario: De 150 a 300 euros
Monitorio e demanda incidental no proceso concursal: De 50 a 100 euros
Execución extraxudicial. De 150 a 200 euros
Concurso necesario: De 150 a 200 euros
Apelación: De 300 a 800 euros
Casación e de Infracción procesal: De 600 a 1.200 euros


A maiores: coa entrada en vigor desta reforma promovida por Gallardón, haberá que aplicar unha porcentaxe de 0,5% á contía do procedemento xudicial (ate 1 millón de eur. se é máis soamente o 0,25%)

Descargar o BOE do 21/11/2012


Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...